EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

jueves, 11 de febrero de 2010

Xoves 11 de febreiro, e seguimos!

Un novo dia do máis completo. Porque na manifestación de hoxe estabamos representados os tres hospitais. Os do Hospital do Meixueiro, (que xogaban na casa), os do Hospital Xeral, (ruidosos e ruidosas coma poucos), e os do Hospital do Rebullón, (paradoxicamente os que aportaban máis sentidiño). Alí estabamos todos e todas, aínda que mañan nos medios non estivo eiquí nin dios.
Mañan temos unha asemblea as 11:oo horas no Hospital Xeral, e ás 14:00 horas no Meixueiro.
Falaremos das novas mobilizacións, de coma estamos e ata onde queremos tirar... evidentemente ata o final. Traemos unha chea de fotos que pouco a pouco iremos metendo no blog. Porque tamen queremos que se vexa cal é o noso estado de ánimo.
Temos dous pequenos videos. Un da xente cantando e ensaiando para a participación do entroido, o mércores 17. E outro da xente subindo chanzo a chanzo ata achegarnos ós despachos dos que executan, ou o intentan, as ordes dos expoliadores da sanidade pública.
Pensade que imos entrar a traballar en breve, logo de ter tumbado a idea de privatizar. Imo-lo ver, e iso grazas atí!

No hay comentarios:

Publicar un comentario