EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 8 de febrero de 2010

De mañá, unha. De tarde, outra!

Evidentemente estaremos diante do Hospital Xeral ás once da mañá. Levamos dias preparandoa con moito mimo, e vai ser unha nova mobilización, das moitas que nos aguardan.
Teremos tempo moi xusto, máis co ánimo a rebosar, para facer unha nova pancarta. Estaremos na manifestación do alcalde e a súa teima contra da´fusión das Caixas de Aforro. Nos iremos para facerlle ver á cidadanía que temos de estar todos e todas a prol dunha sanidade pública. Alí estaremos.
Tamén aproveitaremos para pendurar polas diferentes prantas do hospital o nos enderezo. Queremos que a xente participe, que teña este modesto espacio coma seu.
Estamos a prepara-la cámara para amosar con imaxes coma un grupo de traballadores e traballadoras con forza e vontade poden facerse ver e ser escoitadas.
Entre manifestacións temos unha nova xuntanza no hospital do Rebullón, porque o dia a dia non entende de pausas e intermedios.
A dinámica anima sempre a estar en movemento, e ahí estamos e estaremos, porque coma decía o Che:

Se avanzo, seguídeme.
Se paro, empurrádeme.
Se retrocedo, matádeme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario