EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 16 de febrero de 2010

Unha comparsa, unha reivindicacion!

Mañan mércores acudiremos á facerlle fotos a esa comparsa que vai ser grande en numero, e en calidade. Os homes e mulleres que van formar parte dela levan duas cancións para manifestar con sentido do humor unha reivindicación que está a coller forma.
Abrigadiños debedes de ir porque non imos admitir nin unha sóa ausencia á manifestación do 24 ás 20:00 horas. Non haberá gripe nin causas xustificadas para non estar.
Haberá traballadores e traballadoras de diferentes fábricas de Vigo, que xa informaron da súa participación. Tamen van vir compañeiros e compañeiras de O Porriño.
Temos que estar todos e todas. Tí, tamen.
Pola mañán estaremos nunha xunta cunha das xefes da nosa cociña, porque pese a todo o traballo sindical continúa. Non hai tregua, e que así sexa por moito tempo.
A ver na comparsa de mañán quen canta millor, lavanderá, cociña, celadores/as, auxiliares, mantemento,... A noite, entre bromas, daremos os resultados.
Un saúdo, e moito ánimo. Venceremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario