EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 10 de febrero de 2010

Outra vez nos silencian os medios.

Non nos colle de sorpresa. Coma noutros conflictos laborais, os medios de comunicación do PP, xogan a minimalizarnos, ou a criminalizarnos. Hai uns días eramos antidemócratas, (crimininalizados), e hoxe somos varias decenas os que onte nos manifestábamos (minimalizados). Os estilos son sempre os mesmos, aínda que pasen os anos. A escola da manipulación informativa non da para moito máis.
Afortunadamente somos moitos e moitas os que estamos a pelexar para que non haxa nin un só despedimento. Os que estamos pola sanidade pública e en contra da privada somos quen de abrir foros de comunicación alternativa, asembleas na sanidade, e nas fábricas. Afortunadamente temos artellado, co paso do tempo, estructuras sindicais de importancia. Contra iso non hai problema, e a mostra máis evidente é que alí onde nos mobilizamos as organizacións sindicais collen máis forza e máis capacidade de representación. (Veanse resultados das eleicións sindicais).
Mañan mércores sairemos de novo á rúa, máis seremos de novo invisíbeis ós medios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario