EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 28 de febrero de 2010

A XANELA!

Por un buraquiño así faremos que vexan a sanidade pública eses que agora estan a querer botarlle o dente. Estaremos vixiantes para que a raposa non entre no poleiro. Cos coitelos afiados se fai falla. Vinde, vinde,... agardamos!

De frente, sen tregua, sanidade Pública Galega!


O sindicalismo pactista hai tempo que entrou no xogo e no discurso do capitalismo, e fixo seu a idea de que xa non hai loita de clases. Falan do sindicalismo do século XXI: asinar reformas laborais que son despedimentos máis baratos, precariedade laboral. Reformas das condicións para percibir pensións, o paso dos 15 ós 35 anos de cotizacións, a creación das empresas de traballo temporal (ETT), tema das mutuas,... Estas centrais sindicais sabemos todos e todas cales son, non fai falla dicer máis.
Hoxe nos xornais FARO DE VIGO, e LA VOZ DE GALICIA, contrarrestan a nosa capacidade de difundilo problema laboral e sanitario.
Dous elementos diferentes do PP falan da maravillosa sanidade privada. Xogan a dicer que non hai tal. Que tampouco hai problema laboral. (1.500 postos perdidos) non son noticiábel para eles. Máxime cando un deles dí descaradamente que non lle toquen ós médicos, que senon... O resto importalle a eles ben pouco, ou nada. Lavandería, Mantemento, Cociña,... A pergunta é: Hai ou non loita de clases?
Afortunadamente hai médicos de esquerda, combativos, e moi de admirar.
Sen ir máis lonxe un destes homes máis combativos é o Doutor Moreira, aínda que para todos e todas é o entrañabel Manolo. Amigo, compañeiro,... Camarada de loita!
Máis temos de valorar coma moi positivo que teñan de ir ós medios de comunicación do PP éstas marionetillas da Farjas e do Feijoó a combatirnos. Ata hai oito días nin eramos noticia, nin tan sequer anécdota. Hoxe somos un ruxe-ruxe na cidade de Vigo e bisbarra. Hoxe o dereito da sanidade pública volta a estar en boca da cidadanía, coma un clamor popular.
Coma nota salientábel falan do mesmo que nós. Do modelo de sanidade privada de Madrid, de Valencia, ou mesmamente das Illas Baleares. (Sabiamos ou non do que nos estabamos a tratar e combatir?) Eles o ven coma un negocio, un enriquecemento. Nós coma un roubo de algo que é noso e que está costeado cos impostos e cotizacións dos obreiros, desempregados, e pensionistas.
A metodoloxía está a ser clara e manifestamente axeitada. Sindicalismo de combate diario, directo, e frontal. Porque contra a privatización só hai un lema a berrar:
De frente, Sen tregua, Sanidade Pública Galega!

Ate a victoria sempre!
Venceremos!

sábado, 27 de febrero de 2010

O tempo non está a ser favorábel, máis xa mudará!

Para a vindeira seman teremos asembleas en tódolos centros de traballo. Temos de reorganizarnos, intercambiar ideas, e marcar novas mobilizacións.
Para o mércores teremos xa unha nova xornada de folga. De tres horas. Eu era máis partidario doutra folga de xornada completa. Temos de acadala decisión dos compañeiros e compañeiras que estan ó frente, e así o faremos.
Non hai máis que un comentario entre os traballadores e traballadoras: podemos. Agora vese moito máis posíbel que hai quince dias, e é que non hai máis camiño que éste. A loita!
Perguntábame un compañeiro coma o vía eu hai quince dias e diciamoslle que a un 40% de que sí poderíamos. Hoxe voltamos coincidir, e a miña resposta vaia se trocou: a un 80%.
O cambio na resposta debese a varios factores. Por unha banda o incremento de accións e de ritmos. Por outra banda o aumento de participación en todas e cada unha das actividades e manifestacións acordadas. E agora está claro dabondo que non se moven só os votantes das forzas de esquerda, isto xa vai ter consecuencias políticas para o partido popular.
A prensa xa non poido continuar co seu silenciamento, e os traballadores e traballadoras, por un lado, e as centrais sindicais por outro estan a por a Vigo e bisbarra ó corrente do que se lles ven enriba. O desmantelamento dun sistema sanitario público, para construir un sistema sanitario privado. Isto xa non o poden tapar por máis tempo. O corset xa non lles é efectivo.
Na manifestación do pasado 24 xa había cidadanía, traballadores e traballadoras doutras fábricas. De químicas, dea construción, da banca,... iso é xusto o que non quería o PP.

Luns, martes, ... en asembleas!




viernes, 26 de febrero de 2010

Viva o poder da unidade!

Dende eiquí hoxe queremos salienta-la unidade de tódalas centrais sindicais. Escomenzo a estar canso de escoitar tanto reproche ós sindicatos. Non son nin xustas, nin intelixentes, nen estan baseadas en feitos reais.
As veces son discursos que rozan o absurdo. Xa que non vemos tampouco alternativas que non saian dende éstes.

jueves, 25 de febrero de 2010

miércoles, 24 de febrero de 2010

Menudo exemplo de firmeza, 6000 homes e mulleres!





A noite tan desapacíbel non poido cos homes e mulleres que en número de 6000 sairon á rúa cun berro único. Non a privatización! Que tería sido dunha noite máis agradábel? Multiplicariamos por tres, seguro.
E o remate xenial a un fermoso día de folga onde non houbo máis que cifras maravillosas. A folga, un trunfo absoluto. Que tomen nota. Abofé que o fixeron, aínda que os medios nos tenten dici-lo contrario.
Salientar a presenza das compañeiras da CRUZ VERMELLA. Animo compañeiras! O estan a facer de sobresainte.

Está o temporal en Vigo!


Para a nosa desgraza as inclemencias do tempo estan a boicotear todo canto estamos a levar a cabo. Aínda así teño o pleno convencemento de que sairemos á rúa. A por todas! Nos non temos nada que temer, e é que cando nos ameazan con quitarnos o noso xeito de vida nos estan a decir que non temos xa nada por arriscar. Imos defendernos en seco, en mollado,..., no terreo que nos toque. E se hoxe toca diluvio, que diluvie. Xa escampará!

CARA ONDE IMOS

As sociedades occidentais dende a II Guerra Mundial tomaron como modelo económico o Keryniasismo. Unha nova política económica que declaraba que o mercado por si so, non resolve os problemas das sociedades e que é precisa a intervención do Estado tanto dende o lado da creación de normas como a súa acción directa na política fiscal e monetaria.
As políticas Keynesianas levaron á creación da sociedade de benestar debido as políticas fiscais de redistribución da riqueza.
Mainard Keynes (Economista inglés) creou a súa teoría con duas intencións. 1º Evitar que revolucións tipo Unión Soviética seguiran triunfando (xa que Keynes era anticomunista) e 2º Que non se volvera a dar outra crise económica coma a Gran Depresión (1929).
Ata 1929 a teoría económica era a de non intervencion e deixar que os mercados se regulasen por si mesmos (liberalismo). Naquelas épocas era común ver como incluso Bancos quebraban deixando aos seus clientes sen aforros.
Debido ás intervencións dos Estados na economia e o medo a que a clase traballadora optase polo modelo soviético, o sindicalismo acadou moitas conquistas sociais polo que o nivel de vida da clase traballadora alcanzou cotas inéditas na historia.
Pero na década dos 80 (Reagan e a Sra. Thatcher) abandonan o keynesianismo e adoptan O Monetarismo, modelo recén sacado da escola de Chicago. E o momento donde a caída do muro de Berlín está próxima. Occidente ten claro que o Bloque Soviético ten os días contados. A carreira armamentística dos anos 70 e a guerra de Afganistán deixou a Rusia ao borde do colapso económico.
No Reino Unido a Primeira Ministra a Sra Thatcher para impor o modelo económico declaroulle a guerra ó sindicalismo. Os mineiros estiveron en folga indifinida durante 12 longos meses e ó final foron derrotados.
Este modelo denominado as veces Neoliberalismo é adoptados por case tódolos gobernos do mundo e bloques económicos como a unión Europea e implica que tódolos sectores da economía deben ser privados (Non cabe Sector Público).
Por iso dende os anos 80 do século pasado vanse perdendo dereitos sociais e laborais a medida que as Reformas Laborais unha detrás de outra van levando a clase traballadora a unha sitación de precariedade e inestabilidade laboral que ata a época do Monetarismo pensabase que era cousa do pasado.
E agora chegou, seguramente outra Gran Depresion 2007, grazas a que se eliminaron todo tipo de Normas e o Capital Especulativo levou ao que poderiamos chamar economía piramidal que como todos os negocios deste tipo acaban caindo e o malo que canto máis se sube máis forte é o golpe ó caer.
Os gobernos ante a magnitude da crise dedicaronse a intervir na economía pero non para facer redistribución da riqueza senon para salvar sobretodo ao sector financieiro (principal causante da crise) o que levou como é lóxico a incrementar o Deficit Presupuestario.
Pero o FMI e o Banco Mundial xa deron a receita para solventar o Deficit presupuestario: Recorte das Pensións e da Sanidade Pública.
Curiosamente vemos como os dous principais partidos políticos nos seus ámbitos de goberno xa se adican a aplicar os mandatos das grandes institucións financieiras.

Artigo escrito polo compañeiro Luciano, Secretario Comarcal da Federación de Banca e Aforro da CIG.

24 de febreiro, folga e manifestación!

Hoxe mércores estase a levar unha folga de 24 horas nos hospitais de Vigo (CHUVI). A medida de paro esta a ser unha más no conxunto dun calendario de mobilizacións, que nos vai levar a unha grande e multitudinaria manifestación. Hoxe toca paralos hospitais para que teña esa repercusión que os medios tratan de amortiguar co seu silenciamento. Coma noutros conflictos obreiros, a dereita e os seus medios traballan todos na mesma direción. Nós, os traballadores e traballadoras estamos a face-lo mesmo, deixando a un lado pequenas diferencias. Toca facer sindicalismo de altura, e a iso estamos nestes momentos. Os resultados, afortunadamente, ahí están.
As cámaras dos medios estiveron onte presentes na manifestación, e non foi un casual. Estiveron porque a cidadanía xa sabe que algo pasa, coma no seu dia acontecera co tema do Prestige. Non pasaba nada segundo os medios, máis os monos brancos de traballo en claro contraste coa marea negra do chapapote rachou e de que xeito co aillamento informativo.
Compre salientar, que pese a que moitos e moitas somos da época anterior ó ciberespacio, Internet, estamos a ter moitisimas entradas nos diferentes foros creados con moi poucos medios e con moita precariedade. O grande éxito é que todos e todas temos canles de información, de organización, ..., en definitiva de loita.
Hoxe temos ás 20:00 horas unha nova cita coa rúa. Unha manifestación! Alí estaremos unha vez máis, e estaremos acompañados por traballadores e traballadoras doutras fábricas de Vigo e O Porriño. Son usuarios dun sistema sanitario público que tamén é seu. E non queren agora que ninguén nolo venda para montar un negocio privado para catro caciques.
Ademáis estarán os medios. Diran que eramos a cuarta parte dos que realmente sexamos. A incidencia da folga hoxe vai ser nos medios de comunicación anecdótica, ... contamos xa coa manipulación. O verdadeiramente importante é que a realidade está a ser ben diferente, e coma pasou noutros conflictos, se somos quen de gañar teremos demostrado que a clase traballadora unida ten un poder real que está por riba destes elementos hoxe tan adversos.
Podemos, e coa tua forza, seguro que vencemos!

martes, 23 de febrero de 2010

Máis fotos da manifestación de hoxe, dende o H.Xeral

Eiqui podemos ver a compañeiros e compañeiras desafiando ás inclemencias do tempo. As caras de ánimo e de coa forza de todos e todas podemos rematar coa tontería da privatización.
Que bonita estampa. Que alguén me diga onde está o final da manifestación.
Chamada á organización no previo a un día de folga, porque mañan 24 de febreiro estaremos en folga no CHUVI. Eiquí o camarada Antonio organizando e animando ós compañeiros e compañeiras.
O vento azoutaba e de que xeito, máis a cabeza da manifestación turraballe con forza. Este é o camiño, o da unidade.

NINGUEN SAE NOS MEDIOS, MAIS TODOS ESTAN!

o tempo non axuda en nada, e a pesares de todo a forza dos traballadores e traballadoras segue firme. Nin nun paso atrás!
Din que non estamos sendo noticia, máis ahí vese que non somos varias deceas de persoas. Somos unha marea, e brava.
Choiva e frío. Máis o cabreo de que nos rouben fainos sair se fai falla sen nada. Sen medos.
Na praza dos cabalos caeu a de dios, máis todos e todas firmes. Por nos pode chover e ventear, máis a sanidade pública e os postos de traballo imos defendelos, a morte!
Coma sempre, adiante na loita obreira. Viva o poder popular!

lunes, 22 de febrero de 2010

Mañán martes, nova cita coa mobilización!

Que ninguén pense que as inclemencias do tempo van poder coas nosas forzas. O estado anímico está de maravilla, e non pode decar nin un milímetro. E máis, seguirá in crescendo, se é que se pode aínda máis. Hoxe medio Vigo quedou informado mediante seis mil fotocopias repartidos por tódalas zoas. En grupos de tres traballadores/as empapelou-se Vigo.






Coa climatoloxía en contra, seguimos estando activos.

Eiquí un resumo en imaxes dun dia máis ó frente das mobilizacións. Escomenzamos ás 7 e media da mañá, repartindo panfletos e chamada a moverse contra desta privatización. Despois pequeno debate cun elemento que estaba todo enoxado por que se lle dixo algo evidente. Os traballadores lle estamos pasando moi pola esquerda a determinados sindicatos. A eses que non se moven contra a Farjas ou contra Feijoó. Se lle deixou moi claro que non son seus postos de traballo os que estan en perigo. Ofendeu-se, máis o grave é que o terá de escoitar moi a menudo, porque este elemento é un desastre. Eso sí, lle gusta o megáfono máis que a un tonto un lápiz.
Saberedes quen é porque son os primeiros en rachar cos acordos, os que sempre lle poñen siglas ós panfletos en contra do acordado na xunta. Está máis preocupado para rentabilidade en votos que do problema en sí. Alguén debera decirlle que si nos privatizan xa non haberá lugar a votar.
A manifestación levouse a cabo pese ás inclemencias do tempo. Desta vez pasamos pola lavandeiría, para que se sinta apoiadas por todo o colectivo.
Tamén tivemos tempo, nesta mañán de tolos, para levar a varias fábricas de O Porriño, propaganda anunciando a manifestación do vindeiro mércores ás 20:00 horas dende o hospital Xeral.
Hoxe, a compañeira Sara non poido estar presente coa súa cámara de fotos, máis non temos problema de colaborar en facebook coas que nos sacamos. Dende eiquí unha aperta e a curarse. Notamo-la súa ausencia.