EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 24 de febrero de 2010

CARA ONDE IMOS

As sociedades occidentais dende a II Guerra Mundial tomaron como modelo económico o Keryniasismo. Unha nova política económica que declaraba que o mercado por si so, non resolve os problemas das sociedades e que é precisa a intervención do Estado tanto dende o lado da creación de normas como a súa acción directa na política fiscal e monetaria.
As políticas Keynesianas levaron á creación da sociedade de benestar debido as políticas fiscais de redistribución da riqueza.
Mainard Keynes (Economista inglés) creou a súa teoría con duas intencións. 1º Evitar que revolucións tipo Unión Soviética seguiran triunfando (xa que Keynes era anticomunista) e 2º Que non se volvera a dar outra crise económica coma a Gran Depresión (1929).
Ata 1929 a teoría económica era a de non intervencion e deixar que os mercados se regulasen por si mesmos (liberalismo). Naquelas épocas era común ver como incluso Bancos quebraban deixando aos seus clientes sen aforros.
Debido ás intervencións dos Estados na economia e o medo a que a clase traballadora optase polo modelo soviético, o sindicalismo acadou moitas conquistas sociais polo que o nivel de vida da clase traballadora alcanzou cotas inéditas na historia.
Pero na década dos 80 (Reagan e a Sra. Thatcher) abandonan o keynesianismo e adoptan O Monetarismo, modelo recén sacado da escola de Chicago. E o momento donde a caída do muro de Berlín está próxima. Occidente ten claro que o Bloque Soviético ten os días contados. A carreira armamentística dos anos 70 e a guerra de Afganistán deixou a Rusia ao borde do colapso económico.
No Reino Unido a Primeira Ministra a Sra Thatcher para impor o modelo económico declaroulle a guerra ó sindicalismo. Os mineiros estiveron en folga indifinida durante 12 longos meses e ó final foron derrotados.
Este modelo denominado as veces Neoliberalismo é adoptados por case tódolos gobernos do mundo e bloques económicos como a unión Europea e implica que tódolos sectores da economía deben ser privados (Non cabe Sector Público).
Por iso dende os anos 80 do século pasado vanse perdendo dereitos sociais e laborais a medida que as Reformas Laborais unha detrás de outra van levando a clase traballadora a unha sitación de precariedade e inestabilidade laboral que ata a época do Monetarismo pensabase que era cousa do pasado.
E agora chegou, seguramente outra Gran Depresion 2007, grazas a que se eliminaron todo tipo de Normas e o Capital Especulativo levou ao que poderiamos chamar economía piramidal que como todos os negocios deste tipo acaban caindo e o malo que canto máis se sube máis forte é o golpe ó caer.
Os gobernos ante a magnitude da crise dedicaronse a intervir na economía pero non para facer redistribución da riqueza senon para salvar sobretodo ao sector financieiro (principal causante da crise) o que levou como é lóxico a incrementar o Deficit Presupuestario.
Pero o FMI e o Banco Mundial xa deron a receita para solventar o Deficit presupuestario: Recorte das Pensións e da Sanidade Pública.
Curiosamente vemos como os dous principais partidos políticos nos seus ámbitos de goberno xa se adican a aplicar os mandatos das grandes institucións financieiras.

Artigo escrito polo compañeiro Luciano, Secretario Comarcal da Federación de Banca e Aforro da CIG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario