EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 28 de junio de 2010

Asembleas!











Hoxe tivemos a tan agardada asemblea de traballadores e traballadoras de cociña e lencería. Sabiamos das dificultades que nos esperaban, e así foi. Un estómago agradecido de CC.OO. e compañeira de traballo foi quen de traer a consigna destes elementos. Baixo ningun concepto poderíamos sair con interlocutores do colectivo, e emplearonse a fondo.




Afortunadamente estabamos xa preparados e preparadas e non admitimos un segundo boicot. Hoxe saimos cunha representación, refrendada pola inmensa maioría dos presentes. E o que non foi é porque non quiso ou non o considerou.




Haberá, quen unha vez máis, manipule o que alí aconteceu; máis a estas alturas do partido xa non nos vai coller de sorpresa.




Agora as propostas de traballo van ter un canle directo coa xunta de persoal, e o demais é-nos secundario.




Dende eiquí felicitar a Irene, Luisa, e Alvaro. E toda a sorte do mundo, porque do seu éxito virá o noso. Animo compañeiros e compañeiras, e grazas en nome do colectivo.

domingo, 27 de junio de 2010

Con humor!

Para aqueles e aquelas que se empeñan en culpar ó PP das privatizacións actuais. No pasado tamén o facían os do PSOE. Máis vendo esta portada, definimos perfeitamente o que pensamos dun e do outro. Son o memo! A revista El Jueves, lo clavó!

En Burela, tamén!



Dez mil persoas manifestaronse onte en Burela en defensa da Sanidade Pública. Podemos falar de si on moitos ou poucos, e compre salientar que falamos dunha vila moi pequena, e que en proporción con cidades coma Vigo ou A Coruña, estamos a falar dunha manifestación multitudinaria.
Un sábado de mañán, nunha esquina do país, sen desplazamentos masivos de cidade algunha do país. Unha maravilla!
Algo así cando o PP saeu dicindo que só eran uns 1.500 manifestantes. A negación destes reaccionarios é a proba máis evidente de que as cousas estan saíndo moi ben. Outra cousa ben diferente sería ve-los condescendentes co tema. Daría certamente de pensar.
Seguimos dando pasos, porque estamos a percorrer ese camiño que nos leve a unha grande manifestación a nivel nacional. Adiante!

viernes, 25 de junio de 2010

Nova manifestación!

Mañan sabado 26 de xuño a partires das oito e media da mañan sairan autobuses rumbo a Burela, en Lugo. A manifestación que se vai celebrar nesta vila mariñeira, vai contar coa presenza de tódalas plataformas do país, en defensa da sanidade pública. Prevese o retorno para tarde, xa que dende Burela voltaran ás 16:30 horas.
Alí onde haxa un motivo, unha concentración, unha manifestación, estaremos. Os que temos de traballar seguro que estaremos coa mente posta na nova mobilización.
Teremos cumprida información, coma sempre, para te-la aquí ó alcance de todos e de todas. Non hai outro xeito de face-las cousas e nesta liña de loita temos de continuar até vencer.
Tampouco vai quedar ser resposta a actitude represiva do Soriano. Aquí ten de haber pra todos, e pra el, tamén. Faltaría máis!
A ver se acadamos fotografías para meter desta manifestación. Queremos ter todo recollido en imaxes.

O día de autos!

Que alguén diga que motín tuveron que sofocar éstes. Ahí o vemos paseando tan tranquilo, porque vender o público non lle pon as cores a este caradura. Ahí podese ver coma paseou sen ter en ningún momento o máis mínimo obstáculo. Evidentemente si escoitou o noso rexeitamento frontal a que despidan a 1.200 traballadores e traballadoras, e o noso apoio incondicional a unha sanidade pública e galega.
En que momento estes poliocias teñen necesidade de nada, se a xente está manifestandose do xeito máis tranquilo?


Aquí vese en primeiro termo ós manifestantes, incluso con nenas pequenas, nunha mobilización pacífica. As imaxes falan por sí.

Algun policia incluso cos brazos cruzados.



Xuizo contra a liberdade de expresión!

Hoxe foi o xuizo celebrado contra os compañeiros Juan Carlos e Garrido. Perto de cincoenta compañeiros e compañeiras arroupamolos antes da entrada en saá. Aconteceu que só deixaban entrar a oito persoas coma público. O resto eran os cinco policías, os dous acusados e as testemuñas, que eran catro.
Non debía querer moitos testigos o xuiz ou xuiza do que alí ía acontecer.
Certamente non poden por demasiada condena por un xuizo de faltas, máis a gravidade dos feitos é ver coma se minte con total impunidade para xustificar unha incapacidade laboral por parte dos que tiñan que custodiar ó Feijoó.
Afortunadamente a solidariedade estivo presente cos nosos compañeiros. Ese é o camiño. Eramos todos e todas, tan inocentes coma eles; ou tan culpábeis se finalmente a xustiza non é tal.
Que saiban estes compañeiros, Juan Carlos e Garrido, que dun xeito ou de outro, se hai sancións económicas, o colectivo estará coneles. Nin sancións nin golpes van amedrentarnos a estas alturas da película. Animo compañeiro Juan Carlos. animo compañeiro Garrido.

miércoles, 23 de junio de 2010

Unha actividade perigosa!

Confirmado que o amigo Soriano deu orden de dar caza e captura a aqueles traballadores e traballadoras que osen pegar carteis en favor da sanidade pública.
Estamos xa vendo, cos avogados, que delito penal comete un por tal agravio, porque está claro que non se pode tolerar que ninguén vaia en contra da privatización dun modelo sanitario.
Temos xa varias propostas.
Unha sería a de facer unha pegada multitudinaria, convocada en tempo e forma. Trescentas persoas pegando un cartel polas paredes interiores do hospital.
Outra pode ser meter por rexistro unha lista multitudinaria autoinculpándonos de tal delito. Para que non lle faga pasar por tan mal trago ós compañeiros de seguridade.
Algo imos facer, con ou sen xunta de persoal. Non imos ficar impasivos ante tal actitude represiva. Imos respostar coma sabemos, con contundencia.
Se Soriano quere festa, terá festa. Non somos nós os que iniciamos esta guerra, máis non imos evita-la. Imos pelexar polos nosos postos de traballo e pola nosa sanidade, a morte. e nisto hai unha cousa ben clara. Nin un paso atrás!
Que alguén lle diga que, na Galiza, se gaña ou se perde; máis antes hai que pelexa-lo moi duramente!

lunes, 21 de junio de 2010

Represion policial e xudicial!

Este venres van ser xulgados en Vigo dous traballadores polo gravisimo delito de se manifestar diante do Feijoó nunha inauguración dunha rúa e berrar Non á privatización! En defensa da sanidade publica!
Para elo levan a cinco policías coma acusadores. Lembrarlles, aínda que non o farán, que deben deci-la verdade diante do xuiz. (Iluso de min, xa sei)
Eles que foron quen de provocar tensión, non contentos con que non se lles entrou ó trapo, veñen agora conesta farsa. Un xuízo político que o que pretende é criminalizar toda reivindicación, por pacífica que sexa.
O millor de todo é que a xente que alí estivo, agora ve a que se xoga cando se lles fai culpábeis de ter estado nunha mobilización do máis tranquila.
Así iranse desenganando aqueles que aínda cren na honradez e na xustiza.

Martes, 22 de xuño, Hospital do Meixueiro

Mañan toca a manifestación no hospital do Meixueiro. Os ánimos non estan do millo logo de ver coma CC.OO. dinamitou unha xuntanza, coa complicidade de varios estómagos agradecidos. Non debera ter moito problema traballar sen contar coa tropa esta, máis aqueles que defendemos a unidade pedimos que se lles tentase unir a unha causa que xa hai moito tempo non é súa.
Haberá accións e concentracións directas dende os traballadores e traballadoras, e quen queira que se sume ou que se descolgue.
O sábado hai unha manifestación en Burela, e alí iran coma sempre autobuses dende Vigo. Coma ten de ser.
Agora hai de ter capacidade de reflexión, máis hai de rachar coa mordaza que nos queren impor aqueles que non lles gusta a mobilización dos afectados e afectadas.
Temos de construir, sen máis. Muda-la extratexia, máis nin un ápice coas accións a levar a cabo. E tempo de tirar, con ou sen eles.

domingo, 20 de junio de 2010

De marcha, sen tregua, na defensa da sanidade publica galega!













A saída dende o hospital xeral, ás 10:30 horas deu paso a unha marcha dunhas duascentas persoas, a meirande parte atviadas coa camisola reivindicativa. O día era propicio para sair a caminar. Perto de dez kilómetros, ate a praia de Samil.
Traballadoras da cociña do Xeral que estaban traballando, en quenda de mañá, sairon a saudar e animar ás compañeiras. A elas, tamén, grazas polos berros e aplausos de ánimo. Todos a unha, na loita, até vencer!


sábado, 19 de junio de 2010

Unha marcha dende o Xeral ate Samil!

Mañan ás 10:00 horas sairemos de roteiro. Dende O hospital Xeral, iremos baixando até orillamar, e todo pola beira do mar até Samil.
Dez kilómetros de marcha, en paseo matutino de domingo.
Aínda que non daremos rematado a marcha por unha dolencia nun pé alí estaremos até que o corpo diga xa abonda.
Evidentemente iremos coa cámara de fotos, para recoller imaxes dunha nova mobilización. Estamos no bo camiño.
Seguro que haberá xente, porque a climatoloxía tamen nos é do máis favorábel.

viernes, 18 de junio de 2010

De fábula!

Hai unhas semans unhas traballadoras da lavandería do hospital do meixueiro acordaron facer unha asemblea cos traballadores e traballadoras afectadas pola actual situación política de querer privatizala sanidade. ARREDOR DE CORENTA PERSOAS estivemos nesta asemblea, e iso son bastantes testemuñas. Alí estabamos coma traballador afectado, cousa que o elemento liberado de comisións non estaba porque nin era afectado, nin é traballador. Que nos diga cando foi o último dia e de que ano que el estivo traballando, do que sea.
Fomos tremendamente cautos, e así o corroboran todalas persoas presentes agás a que ten as cortinas do revés. Está claro que non é quen de levar o recado do dereito. Algúns xa o sabiamos hai moito tempo, cecais porque en Alemania as cousas fanse así. Na Galiza non temos problema en que se leve grabadora para ser sumamente pulcro á hora de reproducir intervencións.
Por certo, agardamos pacientemente a que se cumpla a amenaza de rachar coa xunta de persoal ou coa plataforma en defensa da sanidade pública.
Nas asembleas nas que participamos asumimos sempre o fiel compromiso de facer nosas as reivindicacións das traballadoras, porque a razón de ser é esa. Ou é a de ter horas para non traballar amparandose en ese pretexto, sen mais?
Alí, na asemblea non se falou de quen aínda non fixo frente ó pago de fotocopias e propaganda. Alí non fomos nos os que falamos en nome dunha central sindical. Houbo unhas intervencións de traballadoras, que casualmente non son afiliadas nosas, que recoñezen o que xa é obvio por todos e todas. Que hai unha central, unha, que non se adica a facer carteis coas siglas e sí a traballar con humildade.
As verdades joden e de que maneira. Aquí e na galaxia 16.
Estamos onde temos de estar, loitando pola defensa da sanidade pública e pola defensa dos postos de traballo. Nos non estamos nin nos congresos do PP, nin calados e agochados diante dunha reforma laboral. Deberades tomar boa nota. A xente vai as manifestacións cando entenden que hai que ir, aínda que non as organize seu sindicato. Vos agardade a millor ocasión, cecais cando neste pais non queden máis traballadores que os "subvencionados" polo goberno. E ahí é onde entran moitas explicacións para os vosos comportamentos.
Terlle medo as asembleas no voso caxo é lóxico. Nos cremos que o pobo é quen máis ordena! Que os traballadores e traballadoras son autosuficientes, que non precisan de tanto "liberado" exemplar.
Xa tedes outra razón máis para deixar a plataforma en defensa da sanidade pública. Total, para o que lles aportades!

martes, 15 de junio de 2010

Uns quitan, outros pegan! Así de sinselo!



Na loita diaria pola reivindicación, estan as compañeiras, incansábeis, pendurando un cartel por cada un que é arrincado. En Segovia ou León, cecais, máis na Galiza non será por falta de árbores. Soriano, ese non é o camiño. Coma dí un dos carteis defendemos a Sanidade Pública.

lunes, 14 de junio de 2010

E tempo de mobilizarse!




Aprazamento!

A concentración-manifestación que iamos ter mañan martes no hospital do meixueiro quedou aprazada para a vindeira seman. Acabamos de te-la nova e aquí a comentamos. Xa poucas cousas nos van extranando, e cada vez é máis difícil atopar explicacións dentro dunha lóxica minimamente aceitábel. Sobran comentarios.

domingo, 13 de junio de 2010

Sinceramente, afortunado!

Hai moitos anos, uns dez aproximadamente, estaba no medio dunha conversa cun empresario e cun encargado xeral. Falaban que estudaran no Jesuitas ou no Maristas e que saíra xente moi ben preparada, que eran de boa familia. Comentei-lles que eu era fillo dun obreiro e dunha limpadora. Que ambolos dous foran toda a súa puta vida, pluriempregados, para poder darlle algo ós seus fillos. Con todo respeto son a millor familia que puiden ter.
Esa é a base do que son, para ben ou para mal. Que cada quen diga, e acepto o que de min poidan decir ou pensar.
Hoxe, vendo a compañeiras pegando carteis polas paredes, que son arrancados en pouco tempo, vin o reflexo do que somos. Construimos coas nosas mans para que nolo veñan derrubar sen a máis minima consideración. Esas son as miñas compañeiras, as que eu quero coma compañeiras. Sempre ó meu lado, sen desmaio. Mulleres da limpeza, da cociña, ..., máis cunha capacidade e dinidade que non hai millor fortuna que te-las de compañeiras e amigas. A elas, un bico grande e o inmenso respeto que me merecen. LOITADORAS, na casa e no traballo.



Novas mobilizacións!

O martes que ven, dia 15 de xuño, haberá unha nova concentración manifestación dende o hospital do meixueiro ás 11:00 horas. Temos de asistir todos e todas, porque temos de seguir coa mesma dinámica que ata agora. Para o mércores, tamen ás 0nce da mañán, na zona do Calvario, vanlle toma-lo pulso á Sanidade. Unha acción llamativa para concienciar á cidadanía. Para o xoves ás 20:00 horas hai unha manifestación que partirá dende a Vía Norte contra da reforma laboral e en defensa dos servizos públicos. Para o domingo 20, ás 10:00 horas marcha dende o hospital Xeral até Samil. Teñen prevista a chegada ás 13:00 horas.
Coma podedes ver unha seman do máis completita, máis acontece que de ánimos marchamos moi ben todos e todas.
Agardemos que a climatoloxía nos sexa un pouquiño máis favorábel que o do pasado día 8 de xuño, onde a auga non nos deu un só minuto de tregua.
Por certo, dende aquí un abrazo moi forte á miña amiga e compañeira, Carmen Crespo.

martes, 8 de junio de 2010

Eco da asemblea do sábado 5 de xuño

A repercusión da asemblea celebrada o pasado sábado segue a despertar moito interés. Tanto que xa estamos divulgando o resumo que unha compañeira fixo da mesma. Está de maravilla o ver coma pequenos xestos fan grande o animo dos traballadores e traballadoras.
Temoslles que agradecer ás compañeiras de lavandería o seu paso firme e decidido, porque agora o persoal parece estar máis animado.
Ogallá teñamos de rememora-la data coma unha segunda oportunidade que nos demos todos e todas.
Tamén falamos nesta asemblea de ir o 25 ó xulgado. Afortunadamente parece que a xunta de persoal tamén está a traballar no tema. Temos de estar concentrados polo menos media hora antes do xuizo, para arroupar a Juan Carlos e a Garrido.
Temos de aproveita-la ocasión para que sexa un novo acto reivindicativo. Non imos ficar parados ante un ataque máis ós traballadores e traballadores que se manifesten pola defensa dos seus intereses. Faltaría máis!

Manifestación 8 de xuño


Xornada de folga!

Hoxe tivemos unha xornada de folga no Hospital Xeral. A incidencia moito máis baixa que en anteriores manifestacións. Tamén o tema dos serizos mínimos fainos sempre moito dano. Non hai moitas opcións reais de facer unha folga efectiva no sistema sanitario, onde os servizos mínimos son do 80%. Falamos dunha incidencia que non chega ó 50%.
En calqueira dos casos esta ten de ser unha de moitas máis mobilizacións. Na manifestación das once e media, que saía dende O Calvario xa había unha boa participación, pese á choiva e o mal tempo.
Para o día 17 haberá outra manifestación que sairá dende Vía Norte ás 20:00 horas. Ese ten de se-lo camiño, a falta dunha verdadeira xornada de folga xeral en todo o país. Para iso agardase polo compromiso, Hoxe inexistente, doutras forzas sindicais.
Os traballadores e traballadoras así o vimos demandando dende hai tempo. Independentemente da filiación sindical, todos e todas coincidimos en reclamar: FOLGA XERAL! FOLGA XERAL!

lunes, 7 de junio de 2010

Xuizo contra dous compañeiros!

O vindeiro 25 de xuño ás 11:00 horas van ser xulgados dous compañeiros, Juan Carlos e Garrido, por se manifestar perto do señor Feijoó. Iso nesta "democracia" é delito. Non o é empurrar e golpear ós ciudadanos que camiñaban pola acera de xeito civilizado, aínda que berrando consignas en favor da sanidade pública.
Até ahí todos e todas o temos ben claro.
Na pasada asemblea do dia 1 de xuño, martes, pedimos a palabra para que a xunta de persoal tomara boa nota e se pusera as pilas neste tema. Todos e todas somos calqueira destes dous compañeiros. Se lle dixo que tiñan tempo para solicitar formalmente o dereito á concentración ás portas dos xulgados. Hai moitas testemuñas que poden corroborar tal intervención na asemblea.
Hoxe apareceu pendurado polas paredes do xeral un cartel falando de asistir ás portas do xulgado ás 11:00 horas. Queremos pensar que non é da xunta de persoal.
Negaran-lle o apoio a estes compañeiros e o arroupe media hora antes de entrar na sala onde van ser xulgados? Negarán ese minimo esforzo?
Agardamos que rectifiquen e fagan corpo cos compañeiros. Non face-lo será un novo desplante ós traballadores e traballadoras do xeral ou da galaxia 16, tanto ten, máis un desplante imperdoábel.

domingo, 6 de junio de 2010

8 de xuño, folga!

O vindeiro martes dia 8 teremos unha nova xornada de folga para manifestar que non podemos tolerar nin un só recorte máis nos dereitos da clase traballadora. De reforma en reforma, moitas coa complicidade de UGT e CC.OO, fomos perdendo dereito tras dereito, até quedar na situación de precariedade na que agora estamos.
Dereitos. Alguén parase a pensar que eses poucos dereitos que temos son froito de duras loitas obreiras, e moito sacrificio, con mortos en ocasións?
E tempo de bater na mesa e saír con rebeldía a frea-los. Nun pasado empregouse un lema para loitar contra o fascismo e non fomos quen de frealos. NON PASARAN! Agora é tempo de frear calquer paso que vaia contra os dereitos da clase traballadora.
Algúns aínda entenden que non hai motivos para unha folga xeral. Qué máis se precisa para que se den estas condicións? A clase traballadora Galega aínda non atopou unha razón mínimamente seria como para falar de goberno amigo. O gran capital controla eses gobernos, e a nós iso non nos axuda en nada. Folga, folga, folga xeral!

Asemblea do centro cívico de Teis

Onte sábado ás 18:30 horas participamos dunha asemblea de traballadores e traballadoras do Hospital Xeral e do Hospital do Meixoeiro. Perto de corenta persoas estivemos intercambiando ideas de xeito tranquilo, e o millor de todo, de xeito constructivo.
Tanto que acordaronse cousas, algunhas certamente interesantes.
Para non quitar protagonismo ás compañeiras que levaron a iniciativa, deixaremos que sexan elas as que as vaian facendo públicas.
Hoxe traballamos, na cociña do Xeral, e fomos perguntados polo contido da mesma e pola nosa opinión en particular. E aquí quero comenta-la:
A valentía das compañeiras que acordaron face-la asemnblea tiveron unha idea estupenda.
Polo que a min respeita contan con todo o meu apoio, e o meu respeto. Total e sen condicións.
Poden dinamizar e darlle un novo pulo ó conflicto, e así o agardamos e o desxamos.
Hai de apostar firmemente por elas.
Toca construir e tirar todos e todas na mesma dirección. Non é momento de lle por tachas a obra, e si aportar traballo á mesma. Fronte a privatización, loita frontal en defensa da sanidade publica.

viernes, 4 de junio de 2010

El almirante rojo

O mércores, tres de Xuño, finou o almirante portugués António Rosa Coutinho, integrante de "A Revolución dos cravesis" de 1975 e ó que se lle coñecía coma "almirante rojo", á idade de 84 anos.
Rosa Coutinho, cuio apodo proven da súa atribuida afinidade á esquerda marxista, integrou a Xunta de Salvación Nacional despois da noite do 25 de abril do 74, cando un levantamento militar provocou a caída da dictadura militar.
Adicamoslle estas liñas en homenaxe a un home e a un exército que a diferencia do español non se enfrentou ó seu pobo; máis ben estivo para defender ó seu pobo. "25 de abril, sempre!"

jueves, 3 de junio de 2010

QUE BEN SOA!

Foron 7.500 persoas aproximadamente as que sairon ás rúas. Con presenza ruidosa, coma ten de ser, da desprazada dende Vigo en dous autobuses. Tamen e n coches particulares. estaban as diferentes plataformas de todo o país. Non hai distancia que nos impida confluir a todos e todas.
Enhoraboa!

Manifestación en O Barco!

Un novo paso foi dado hoxe cara unha grande manifestación nacional en Compostela, en defensa da sanidade pública.
Hoxe, en O Barco, foi unha grande manifestación, con moitísima xente.
Agora toca en Burela (Lugo). E así paso a paso.
Os ánimos veñen afortalados.
No momento de escreber sabemos que moitos e moitas veñen de regreso. No caso da xente de Vigo varias horas de estrada lles quedan aínda, máis o esforzo terá a súa recompensa. Así, nin un paso atrás!

De novo, na dirección aseitada!

Hoxe ás cinco da tarde sairán dous autobuses para estar ás 20:00 horas na manifestacion que se vai celebrar en O Barco, pola defensa da sanidade publica. Para aqueles e aquelas que parecían ver coma non había xa folgos. A xente está animada e deseosa de facer. Hai que conduci-los, nada máis.
Por causas de forza maior non poderemos ir, máis teremo-la información precisa para dende aquí informar a todos e todas.

martes, 1 de junio de 2010

Retomamo-las mobilizacións!











Unha asemblea, sen monólogos, por fin!











en defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos!

O vindeiro dia 8 Xoves hai convocada unha folga de 24 horas. As 10:00 horas unha concentración diante do Hospital Xeral. E as 11:30 horas manifestación dende A Dobrada e ata o edificio de A Estrela.

Novas datas de mobilizacións!

O tema da manifestación en defensa da sanidade pública en O Barco vai se-lo vindeiro xoves dia 3 ás 20:00 horas. Haberá autobuses dende o Hospital Xeral que sairán ás 17:00 horas.
A finais de mes haberá outra en Burela. O último sábado de mes. Sabado 26 pola mañán. As 12:00 horas. Pendente de confirmar.
O domingo 20 de Xuño haberá a marcha ate Samil, saíndo dende o Hospital Xeral.
Os actos en Bouzas e en O Calvario estan pendente de fixar datas e horas.
Hoxe tivemos a manifestación dende o Hospital Xeral e non estivo mal de asistencia.