EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 31 de mayo de 2010

Mobilizacions!

Mañan, martes dia 1, haberá unha nova mobilización dende o Hospital Xeral-Cies ás 11:00 horas. Acordarase tódolos martes primeiros de mes sair dende o Xeral, e os segundos de cada mes dende o Meixoeiro. A idea é manter viva a reivindicación, e non deixar que o vran remate coa dinámica de mobilizacións que vimos mantendo.
Para o día dous haberá unha manifestación en defensa da sanidade publica, dende O Barco. alí estaremos, porque haberá autobuses saíndo dende o Hospital Xeral. Temos de movernos alí onde haxa a oportunidade de sair á rúa en defensa dun modelo sanitario público e galego.

sábado, 29 de mayo de 2010

De risa!

Hai un elemento, da xunta de persoal, que está obsesionado polo que aquí contamos. Menudo nivelón ten o meu amigo. Recomendamoslle que non o frecuente tanto, se é que a opinión dos traballadores e traballadoras lle molesta. Porque mal que lle pese este é o sentir do colectivo dos homes e mulleres que dia a dia traballamos na cociña. Non estamos "liberado" de traballar. Non madrugamos só a víspera do primeiro de maio para pendurar catro carteis e repartir panfletos. Madrugamos tódolos dias do ano, que é bastante diferente.
Nunca falamos dos cargos, porque a vanidade non debera ter cabida en ninguén, menos aínda nunha persoa de esquerdas. Cando falamos de Manuel González Moreira, falamos da súa capacidade de traballo, de pedagoxía, e é o que máis importante para mín: un médico con conciencia de clase.
Para min os cargos son algo circunstancial, e no caso que me toca espero non ter que recuncar. Non quero convertirme no que vexo neste elemento. Décadas alonxado do traballo, e agardando un retiro plácido. Para iso sobran xa cos que temos.
Entendemos que o sindicalismo hai de face-lo no propio centro de traballo.

viernes, 28 de mayo de 2010

L.S. Faísca: Palestra:"Novo hospital de Vigo".Cara á fin da Sanidade Pública galega.

L.S. Faísca: Palestra:"Novo hospital de Vigo".Cara á fin da Sanidade Pública galega.

L.S. Faísca: Palestra:"Novo hospital de Vigo".Cara á fin da Sanidade Pública galega.

L.S. Faísca: Palestra:"Novo hospital de Vigo".Cara á fin da Sanidade Pública galega.
A compañeira Pepa, baixo o cartel de A FAISCA. Xunto a ela carteis dos diferentes conflictos que tivemos, temos e teremos sempre.


Diversas secuencias da clase maxistral do compañeiro Manolo, quen esta a ter unha labor incansábel. Non ten un minuto de descanso. Animo compañeiro.



Un momento dunha secuencia de traballo nunha cociña pública. Concretamente a do Hospital Xeral.


jueves, 27 de mayo de 2010

Recoñecemento público. E de xustiza!

Dende este humilde espazo quero manifestar a miña admiración e o meu respeto máis sincero ós homes e mulleres que durante varios meses foron quen de manter vivo o ánimo entre os compañeiros e compañeiras da cociña.
Moi ó meu pesar non poidemos asistir onte á súa asemblea. Nada poderíamos facer por que mudanse unha postura que seguro levan sopesando moito tempo.
Gostaríame facerlles unha proposta, máis por respeto, imos facerlle-la en privado.
Anima-los a tirar dun xeito diferente e non tan queimante, aínda que dende o pragmatismo e a acción concreta.
Entendemos perfectamente o que lles pasa pola cabeza, (cantas veces se nos pasa a nos mesmo adicarnos a manter os nosos hobbies, en vez de pelexar, e por riba ser sempre criticado. )
Animo a todos eles e a ver se podemos convence-los para un novo REXURDIMENTO.

miércoles, 26 de mayo de 2010

asemblea de traballadores/as da cociña e lencería

Hoxe ás 14:30 horas haberá unha asemblea de traballadores e traballadoras afectados polo conflicto laboral ás 14:30 horas. Asistiremos e veremos cal é o estado de ánimo da xente. Por certo, eles ven coma son deixadso e abandonados por eses sindicatos que tanto se enoxan co que aquí escrebemos. Moitas das nosas afirmacións son súas. Deberan tomar boa nota. A CIG tivo a valentía de face-lo, ós demais se lles espera...
Dende aquí facemos un chamamento para que se acude en masa, deixando á marxe as diferenzas que poida haber. A unidade é a única ferramenta útil que nos queda. Por iso hai quen trata por tódolos medios de arrebatarno-la.
A miña proposta vai ser asumir mobilizacións concretas sen agardar pola xunta de persoal. Transmiti-las con datas fechadas e a traballar. Que cada quen asuma engancharse ou desconectarse dos ritmos do colectivo. Cada quen coa súa responsabilidade.

PAXINAS DE REBELDIA!

Non seríamos mínimamente rebeldes se accedesemos á chantaxe daqueles e daquelas que poñen coma condicionante o silenciamento deste medio.
Non só non imos face-lo senon que imos dar un paso máis. A cada acción, unha reacción; e sempre co paso firme e decidido. Coma ten de ser de alguén que teña un mínimo de diñidade.
Fronte aos imbéciles e escuros, un pouco de luz, nos seguintes blogs:

www.exemplosdeloita.blogspot.com
www.porunmodelodiferente.blogspot.com

Nin un paso atrás!

martes, 25 de mayo de 2010

UN BLOG QUE INCOMODA A ALGUN!

Cando estamos perto de ter 3.600 entradas, principalmente dos afectados e afectadas laborais dunha posíbel privatización nos encontramos con que nos queren silenciar.
Hai xente que di estar organizado para defender ós traballadores, máis non se lles deixa falar nas asembleas, non se lles deixa escreber, ... , se lles deixará pensar? Teremos capacidade para elo?
Estades ante un blog que non só pon fotografías e datas. Estades ante un blog que emite opinións, das que podemos estar a favor ou contra, máis son iso. OPINIONS!
Non imos tolerar que sexamos a coartada perfecta para falar de ruptura. Non seremos refén de ninguén.
Aquel ou aquela que queira rachar coa unidade de acción que o faga, máis non será por culpa deste blog.
A traición sindical nas demais loitas veñen sempre dos mesmos, e non por este blog. Mirade o comportamento destes noutros lugares do estado español, e sacade conclusións. Este blog ten entradas de moitas partes do estado español, e de fora do mesmo. Os convidamos a que entren e manifesten as súas vivencias. Se estamos ou non errados, na nosa aseveración.
Os sindicatos son unha ferramenta útil, máis non imprescindíbel. Máxime cando alguns xogan a ser un freo descarado á marcha do conflicto.
Por prudencia aquí non tiñamos falado da fuxida da xunta de persoal, logo de ter votado de ir, á chegada de Feijoó a Vigo para inaugurar unhas rúas. Iso si é deslealdade. Deslealdade é ir convidado ó congreso comarcal do día seguinte do PP, e non facer absolutamente nada.

lunes, 24 de mayo de 2010

Mercores 26, palestra na Faisca




O vindeiro mercores estaremos participando dunha charla-coloquio xunto co amigo Manuel Gonzalez Moreira. Un luxo escoita-lo e participar conel desta charla informativa. Estades todos e todas convidados a escoitar e participar da mesma.


Todolos foros son idoneos para facernos escoitar e facer participe a todos e todas da loita pola defensa da sanidade pública.


Vemonos!

sábado, 22 de mayo de 2010

Xunta de persoal!

Dende aqui queremos manifestar que nas asembleas feitas por nos falamos en todo momento de unidade. Outra cousa ben distinta é que non imos deixar ningunha proposta obreira sen levar a cabo. A unidade é de acción. E non meramente de estética.
Por certo, este blog está aberto a quen queira ter un espazo onde se manifestar, e a dia de hoxe tódalas entradas foron respeitadas.

lunes, 17 de mayo de 2010

100 DIAS DE BLOG!

No mesmo intre en que soubemos da intención do señor Feijoó por boca de Soriano do seu afán de facer negocio a conta da sanidade pública falamos cun camarada para que nos artellase este blog. Nun dia tan fermoso coma o de hoxe, cumprimos cen maravillosos dias. No dia das Letras Galegas. A propósito non nos tería saído máis fermoso.
Mañan martes é o primeiro dia de traballo para todos e todas logo da licitación do pliego.
A marcha atrás encendeuse para eles e para nós. Agora estamos nunha carreira contra reloxio, e non imos ficar parados nen cunha marcha curta. E tempo de acelerar, aínda que iso implique deixar ben atrás a quen só aporta apatía e deixadez.
Dende mañan haberá varias brigadas encargadas de replantar cada panfleto que nos saquen. Se fai falla viviremos facendo gardas. Teremos de facer asembleas no Meixueiro, no Rebullón, no Nicolás Peña. Hai de dinamizar e animar a todos e todas.
Imos facer algunha movida novidosa para que se vexa que aquí seguimos.
Por razóns obvias non imos publicita-las, máis en breve esperamos que todos e todas vexades resultados. E o noso momento e non imos defraudar.
Hai de darlle ritmo que o vran tamén pode ser propicio. Eles pensan que nos van coller coa garda baixa. O tempo dirá quen ben tendo razón.

domingo, 16 de mayo de 2010

Primeiras consecuencias do peche da Cruz Vermella!

Comentan que xa estan a verse as primeiras consecuencias sanitarias do peche deste Hospital, LA CRUZ ROJA. Os enfermos crónicos que precisan de hospitalización antes ían cara a hospitais coma este, grazas a un concerto que se tiña co SERGAS (Servizo Galego de Saúde). Agora ocupan camas nos hospitais xa de por si colapsados, cando non son mandados para as súas casas.
A aposta do PP é esa. Quen poida, quen teña medios económicos, que sufrage os costes, e qun non alá eles co seu problema.
A situación grave de 70 traballadores e traballadoras que perderon seu emprego, tristemente, ven de ser unha anécdota dentro da gravidade do derrubamento do sistema sanitario público que aínda mantiñamos no noso país. (Porque no resto de estado hai tempo que iniciaron a súa cruzada)
Na Galiza ós culpábeis son o PP, máis compre lembrar que no resto do estado tamén ten moita culpa o PSOE. Mención para os que nos veñen agora co tema de que ó hai uns culpábeis. Aquí hai demasiados, e os traballadores e traballadoras tamén temos a nosa parte. Que uns e outros nos acribillan porque nos temos moitos dias de irresponsabilidade cando exercemos o dereito ó voto.
Que votar é algo serio, e cando non se fai con seriedade pasa o que agora nos esta a acontecer.

Máis enderezos de contacto e colaboración.

Para aqueles e aquelas que queirades ver máis novas e artigos referidos ó noso conflicto podedes ver que xunto a outros conflictos tamen temos o noso en:

www.exemplosdeloita.blogspot.com

A xente demanda máis charlas!

Nunha asemblea celebrada recentemente escoitamos entre moitas cousas que era preciso continuar coas charlas. Que dende a que deramos na COVA DOS RATOS, Manuel Gonzalez Moreira, e eu, non houbera outra.
A realidade é que houbo unhas poucas máis, e así o comentou o propio Manolo na asemblea. A vispera da manifestacion en Monforte, el mesmo fora ate Monforte para dar unha. Unha viaxe ate alí no seu coche, charla, e volta no seu coche.
Mención obrigada para que a xente saiba dun dos nosos, un médico obreiro, do noso lado. Hai máis, afortunadamente, máis non coneste grao de compromiso.
O 26 de maio, haberá outra nun local social de Vigo, A FAISCA. As 20:00 horas. A idea é continuar, máis ó millor erramos no tema de non publicitar internamente este tipo de actos para que a xente vexa que hai movemento e dinámica de traballo. Estamos pensando en facer unha inerna para todos e todas. Canto maior sexa a información que nos teñamos tamén serán máis os argumentos a dar na defensa do noso ideario en defensa da sanidade pública.

Pliegos de condicións!

Acabamos de escoitar algunhas das cousas que veñen nese famoso pliego de condicións para as empresas que queiran optar a facerse con parte da sanidade publica, na figura de mercar un hospital novo en Vigo.
Agora temos un breve espacio de tempo para ler con moita precisión en que termos se fala das condicions economicas, laborais, servizos, ..., etc. Son máis de 1.000 páxinas, máis non hai tempo para deterse en cada páxina. E máis. Imos propor axilidade e coordinación de traballo.
Temos unha proposta. Un método de traballo.
A vindeira semán, o martes, tentaremos facernos co ducumento en sí. Veremos coma o teñen estructurado, e dividiremolo en varias partes. Veremos cal son prioritarias, e a desglosa-lo.
A miña proposta é mete-lo por fases en diferentes grupos de estudo.
A oito dias máis tardar temos de ter un resume das medidas que eles pretenden, e unhas alternativas, as nosas, ó lado de cada proposta.
Temos avogados/as, tecnicos/as, e é o seu momento neste conflicto.
As mobilizacións deben continuar, con máis forza se cabe. Hai de arma-la! Temos de ser moitos e moitas os que saiamos ás manifestacións, as concentracións. Hai de sair, unidos, a por todas. Non hai moito tempo, e si hai moito en xogo.
A sanidade publica ou privada é unha discusión que para ben ou para mal vai quedar sentenciada en breve. De cada un de nos vai depender que sanidade nos vai quedar mañán. Que lle imos deixar ós que veñen tras de nós.
E tempo de toma-la rúa!

viernes, 14 de mayo de 2010

A asemblea a esquecer, por infame!











Recuperando o rumbo!




Hoxe recuperamos unha situación que hai dous días era tremenda. Coa asemblea organizada pola CIG tivemos a oportunidade de lles manifestar cal eran as cousas que non nos estaban a gostar das asembleas que a xunta de persoal viña celebrando. Tomaron nota e agardaremos resultados. A groso modo, pedimos democracia directa, sen tutelas de ningún "sabio". O poder á asemblea. Que en definitiva somos todolos traballadores e traballadoras afectados e afectadas.


A asemblea foi para cociña e lencería. Pronto haberá para os demais colectivos, porque a idea é facer moitas e reducidas. Ter contacto directo e participación, coma hoxe aconteceu.


Pensamos, humildemente, que fomos quen de reconducir unha situación moi fea e desagradábel, donde non tiñamos máis que perder e perder.


Agradecerlle á CIG o seu xesto, o mesmo que ós traballadores e traballadoras a súa asistencia e a súa participación.


Entre todos e todas temos de polo barco en rumbo, con paso firme cara a bon porto. Hai tripulación para elo e aínda que coa mar brava, temos de navegar cara unha sanidade pública. Adiante. Arriade as velas!

jueves, 13 de mayo de 2010

Temos un soño!

Imaxinade que estades nun mundo onde todos e todas estamos no rol que nos teñen asinado. Os traballadores e traballadoras no noso papel. A patronal no seu, e os nosos representantes no seu.
Imaxinade que agreden un dos piares fundamentais coma é o dereito ó traballo.
Nese mundo do que nos agora podemos escreber propondriamos unha marcha, combativa, ata o lugar onde se toman decisións. Se os nosos representantes foran quen de traballalo tema apostarían pola marcha. E máis, unha marcha dende cada ponto do pais onde unir a tódolos traballadores con serios problemas. Rematando todalas marchas o mesmo dia á mesma hora. Dende todolos rincons posíbeis moitas marchas, escenificando o que xa é un clamor popular.
Voltemos ó noso mundo. E un imposíbel?
Non sería unha folga xeral, máis sería noticia en todolo estado. Que millor escenario que o que nos está a tocar viver para sair deste aletargamento xeralizado?

martes, 11 de mayo de 2010

Crónica dunha morte anunciada!

Moi ó meu pesar temos de dicer que hoxe nunha asemblea escenificouse a morte por incapacidade dunha xunta de persoal que non sabe, literalmente, onde ten a man esquerda. Por non saber non teñen nen idea de respeitar ós traballadores e traballadoras.
As propostas non son votadas, ou aceitadas, non. Son levadas a estudo. Manda carallo! Que nivel para erixirense eles e elas en examinadores.
Tras tempo desaparecidos veñen cunha proposta, porque a outra era de asembleas anteriores. Un concerto en setembro. Quererán celebrar que non son seus empregos os que se van perder? Persoalmente non estamos para moito concerto. Estaríamos máis para accións moito máis serias e contundentes.
Capítulo aparte mereceme o tema da marcha sobre Compostela. Hai unha proposta, máis non son quen de lle dar contido político-sindical. A inapacidade é tal que non son quen nen de extrapolar outras marchas obreiras feitas con anterioridade. Poñamos exemplos: A marcha dos mineros, coa funda de traballo e o seu casco. Darlle vistosidade e contido. A marcha ten de ir acompañada con señas de identidade e unha parafernalia que a faga mínimamente efectiva. Algo tan sinselo coma fixeron os traballadores do metal coa MARCHA POLA DIÑIDADE. No noso caso ben podería ser a MARCHA DAS BATAS BRANCAS. Algo a todas luces efectivo, máis que ningún desa xunta hoxe era quen de concretar nada de nada.
Decidimos levantarnos antes de tempo e marchar, pese a ter pedida a palabra, porque era un terreo esteril. Un tipo falando durante trinta minutos sen decir absolutamente nada. Eso si, reventando a asemblea!
A frustación é absoluta entre os afectados e afectadas. Ata tal ponto que non hai a máis mínima credibilidade.
Persoalmente imos tomarnos un tempo de relax, nesta agónica loita, e adicarnos a facer fotografía de paixase.
A magoa é que hai soldados para unha guerra, hai campo de batalla e hai munición. Esta a teñen secuestrada e din que son os nosos xenerales os que nos fan tal cabronada.
Cecais mañán os animos esten un pouco millor, máis hoxe eran dignos de ser fusilados todos e todas por alta traición á clase obreira. O sinto, máis é o que penso.

lunes, 10 de mayo de 2010

Na vispera da asemblea!

Polo hospital xa hai carteis anunciadores da asemblea do martes dia 11, e xa se fala da marcha a Compostela. A idea é facela en tres dias, aínda que xa veremos se aguantamos. Falamos de 100 kilómetros, que non é pouco. Veremos se conseguimos apoio para que sexa realmente unha marcha branca polo negro asfalto.
Temos de ir todos e todas a asemblea primeiro, e logo ás mobilizacións que sexan acordadas pola maioría. Ogallá sexan moitas e moi efectivas.

Sempre en forma, preparados!




domingo, 9 de mayo de 2010

Martes, 11 de maio!

O vindeiro martes 11 de maio haberá unha nova asemblea no hospital xeral, primeiro, e logo no hospital meixueiro. Seguramene sairá o tea de que xa abriron o prazo de licitacións para a creación da obra do novo hospital.
E tempo de dar pasos cara adiante e firmes. Dende aquí queremos por algunhas para propor o dia da asemblea.
Unha é facer bandeiras plásticas coma no seu dia fiseron os da plataforma Nunca Mais para que se vexan que hai en tódalas vivendas xentes que apostan pola sanidade pública.
Outra das propostas é a de organizar a Marcha das batas brancas a Compostela. Non hai que ficar parados, e que millor xeito que percorrer coa brata blanca o traxecto Vigo-Compostela. A cor da uniformidade ten de ser tamén un elemento identificativo, coma complemento a unha acción reivindicativa. Hai de chama-la atención!
Hai propostas coma a de usa-la media hora do descanso para facer sentadas na porta principal do hospital. Todos e todas sentados coas pancartas, ocupando as vias de acceso ó hospital. Que os usuarios e usuarias vexan que está a acontecer.
En definitiva, que hai de lle meter outra velociadade ó conflicto. O tempo xa corre tamén na nosa contra, e o vran está ahí.
Hai de rematar cunha gran manifestación cidadá a finais de xuño, e non podemos demora-la máis tempo. Despois non haberá razón nen necesidade para artellar nada. Non serei eu quen vaia ó enterro da sanidade pública para favorecer ós partidos políticos. Non, no meu nome!

viernes, 7 de mayo de 2010

Recopilando propostas!


Dende aquí queremos crear un espazo onde recopilar propostas e ideas a levar a cabo na loita pola defensa da sanidade pública. Todalas ideas poden ser boas, e dende aqui queremos crear un espazo. Ben dende este blog, entrando e participando, ou ben dende o correo electrónico exemplosdeloita@gmail.com recolleremos e transmitiremos éstas. Unha idea que temos xa funcionando é a de facer un logo para plasmar nas bandeiras plásticas coma as do seu dia fiseronse co de Nunca Máis, para por por tódalas ventanas das vivencias e negocios da nosa cidade primeiro, bisbarra, e resto do pais.

A idea é facer ver que aqueles e aquelas que non apostamos polo negocio da sanidade privada estamos por tódolos rincóns, e non só traballando no hospital de turno.

Outra das propostas é demandar catas e telegramas de apoio dos comités de empresa de todolos sectores productivos da nosa cidade e bisbarra. As ideas son traballo, e temos de estar dispostos a elo.

Haberá máis propostas, máis entre todos e todas hai de tirar un pouco máis do conflicto que temos entre mans. Coa tua axuda podemos, e agradecemos a túa colaboración.

jueves, 6 de mayo de 2010

Mobilizacións!

O vindeiro 20 de maio haberá unha manifestación en Vigo en contra da represión sindical en POVISA. A CIG vai sair á rúa, con todo! Será un bo dia para levar pancartas en defensa da sanidade pública. Estamos todos e todas emplazados.
Para o dia 26 de maio, mércores, haberá no local social A FAISCA, ás 20:00 horas unha charla-coloquio na que interviremos Manuel González Moreira, e eu, Candido Gonçalves.

Unhas imaxes dun xoves 6 de maio!

Na área de descanso da cociña está a cámara da TVG. Será que os temos secuestrados e por iso non veñen a da-las novas?

Os compañeiros e compañeiras traballando no tema de información e publicación, tamén na área de descanso.
Un cartel inxenioso da CIG anunciaba do problema que se nos veu enriba.



Aquí temos unha serie de carteis contrarios á privatización. Os quitarán, máis poremos moitos máis.



Hoxe aburrinme de lavar tarteiras, aínda que con moito tempo para pensar en movidas inxeniosas. Tempo ó tempo.



xoves; 6 de maio

Hoxe o dia ven cargado de novas. E non todo é do máis favorábel para a nosa causa. Por unha banda tiñamos a confirmación de que o vindeiro 26 de maio, mércores, no local social de A FAISCA haberá unha nova charla-coloquio dos compañeiros Manuel González Moreira, e Cándido Gonçálves.
Tamen sabemos de propostas concretas para facer unha marcha sobre Santiago. Hai datas enriba da mesa, aínda que pendentes de ser reafirmadas ou confirmadas pola Xunta de Persoal. Tamén falase dunha grande manifestación, a nivel nacional. En Compostela.
Contra do que poida parecer esta a verse movemento e gañas de facer moitas máis cousas. Non podemos deixar un minuto de relax, nesta loita.
A noticia adversa é que se fala de que pode abrirse xa o prazo para a licitación do novo hospital. Compre ter calma, máis non en demasía. Hai de dar pasos, e firmes.
A loita non vai rematar cunha licitación, evidentemente; máis o período estival non pode xogar na nosa contra. Da a impresión de que se está a agardar por este período para collernos coa garda baixa. Lembrarnos que o 2 do sete de 2009 tras dunha pancarta eramos só cinco persoas.
A señora Farjas o sabe, porque ela atreveuse a vir onde nós e saudarnos un a un, darnos a man e perguntarnos en que centro traballabamos cada un.
E tempo de arma-la! Neste momento do partido non son minutos da basura, nen é o xogo de contemporizar. E tempo de darlle máis chicha ó conflicto, para que vexan que ambente teñen e terán aqueles e aquelas que apostan decididamente por unha sanidade privada. E tí? Que vas facer? Eu o teño ben claro. Loitar ate vencer!