EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

jueves, 29 de abril de 2010

1º de maio, dia de loita obreira por excelencia!

Este ano as doce do medio día haberá unha manifestación que sairá coma tódolos anos dende o Calvario, e percorrerá as rúas da nosa cidade para reivindicar unha xornada máis de loita. Tódolos colectivos de traballadores e traballadoras afectadas pola situación tan adversa que temos vanse manifestar e facerse escoitar.
Hai moitas manifestacións: CNT, CGT e CUT, a UNITARIA, e á que estamos a anunciar. A da CIG.
Cada quen deberá decidir en cal quere estar, e faga a escolla que faga estará moi ben. O importante nestes tempos é toma-las rúas da cidade e dicer abertamente e sen medos que é o que pensamos do actual momento e do modelo social que temos.
Eu non vou ir a ningunha, máis será porque traballamos en quenda de mañá. Aínda así a miña mente e o meu corazón van estar moi presentes nunha destas manifestacións.
Ogallá en todalas manifestacións haxa milleiros de traballadores, porque outros ventos teríamos moito máis favorábeis. Viva o 1º de maio! Viva a loita obreira!
Non imos falar de unidade porque a día de hoxe todos falan, máis ninguén está a dar pasos. Proba delo é que é o ano que máis manifestacións hai. E moitos e moitas quiseramos unha sóa, máis non todos e todas estamos ó mesmo. Algun dia, ogallá mais cedo que tarde, sexa posíbel.

miércoles, 28 de abril de 2010

El fugitivo (Soriano)


Temos constancia de que Sori ano estivo polas instalacións do Rebullón. Imos evitar chistes faciles, por respeto ós enfermos deste centro. Só un comentario: as veces estan fóra quen debera estar dentro, e viceversa.

Non ten a gallardía de nos convocar, porque non é moi amigo de escoitar aquelas voces discrepantes da súa política de vender ó público para reconverti-lo en privado. E coma calqueira outro da súa orde marcial, o PP, quen nos tilda de radicais ou violentos verbais. Estamos no ano dos eufemismos. Sempre é bó, que nos regalen un pouco de humor. Andamos ben faltos, por certo. Acontece que ser un dos 1.500 despedidos por unha política absurda non nos invita demasiado ó cachondeo; aínda que o intentamos. Non queremos irnos á sanidade privada sen emprego e cunha úlcera que costear. O copago que sexa para outras cousas.

Sori ano tes que mudar de actitude. Podes ver que os papeis que arrancas ou mandas arrancar medran nas paredes coma unha enredadeira. Incluso este fin de semán chegaron até a porta do teu despacho. Non hai tregua. Nen a vai haber mentras non mudes unha idea. O privado é negocio, e coa nosa saúde non ides facer negocio, nin hoxe nen mañán.

Mandaron-che, os teus, a torear nunha praza complicada. Isto non é España. Na Galiza non hai sitio para as touradas. Aquí os traballadores non dín joer, que calor! Aquí dín, denantes mortos que escravos. Se non entendes, dalle tempo ó tempo.

1º de Maio!







Coma tódolos anos o 1º de maio é un dia de reivindicación obreira. E coma tódolos anos haberá un grande abano de manifestacións das diferentes organizacións sindicais. Dende hai anos a CIG ten superado o debate de si ir nunha manifestación conxunta ou se polo contrario ir en solitario.



Os tempos deronnos a razón ós que non queremos compartir ese dia unha realidade virtual que logo no dia a dia son puñaladas traperas.



Sobran mil exemplos para amosar cal son estas patadas diarias as que vimos recibindo. Cando nos centros de traballo apostamos pola unidade sindical esta só nos serve para que nos adormezan ou eliminen a nosa capacidade combativa. Falta o primeiro caso onde UGT e CC.OO nos sigan ou apoien o máis mínimo.



Imos por un exemplo:



Cando viña Feijoó a Vigo ó Hotel LOS ESCUDOS votaron en contra de facer o máis mínimo. Quedamos en minoría e asumimos a súa postura. Fomos coas afectadas da CRUZ VERMELLA, máis non coma as da DEFENSA DA SANIDADE.



Cando a xente nos perguntou demos explicacións.



Cando viña Feijoó a Vigo a INAUGURAR RUAS votaron a favor, máis traballaron ás nosas costas para que non fora ninguén, e non foron. Fomos unha vez máis, e traicionados polos de sempre.



Alguén segue a pedir unidade. A unidade ten de ser no dia a dia.



Que traballen dende o dous de maio para que dentro dun ano muden as circunstancias e teñamos de decir, Todos xuntos e xuntas!

martes, 27 de abril de 2010

En campaña eleitoral!


O Partido Popular xa entrou descaradamente en campaña. O problema para eles o pasado venres 23 de abril non eramos os seus futuros desempregados ou afectados polas expropiacións do porto seco de Salvaterra. Para eles son eses 3.000 votos que lles fan falla para acadar unha maioría absoluta na cidade de Vigo. O demáis é-lle secundario.

Hoxe van inaugurar en Vigo unha aula de investigación, no gabinete de Rande. Alí vai estar, entre outras, a Conselleira de Traballo. Veremos que tal lles vai, e informaremos.

Estamos en tempos de inauguracións e menos mal que non nos veñen inaugurar ningún pantano. Foron tempos, máis eran estos.Que ninguén se esqueza.

domingo, 25 de abril de 2010

25 de Abril, sempre! Privatizacións, nunca máis!

Un saúdo moi cariñoso ás miñas compañeiras. A Lola Pino, un bico moi grande. Ela sabe por qué.














Hoxe as doce do medio dia e por fin con sol saimos ás rúas de Compostela en defensa de tódolos servizos públicos, e en claro apoio ós colectivos que ven coma queren privatizalos. Compre salientar que pese a ser unha mobilización da CIG, había entre os asistentes compañeiros e compañeiras doutras centrais. Pouco a pouco estan a comprobar que na loita polos seus intereses só hai unha central. A única que plantou cara diante de Feijoó o pasado venres 23. Xa é hora de ir desenmascarando ós que o sábado ían de convidados ó congreso do PP. (UGT, e CC.OO) Sorprende, máis tivemos de lee-lo varias veces. Os que queren privatizar e dar 1.500 despidos á cidade de Vigo levan ós seus sindicatos ó congreso. Para votarse a chorar.

sábado, 24 de abril de 2010
















Onte tivemola oportunidade de participar nunha palestra na cova dos ratos. Convidados para explica-la nosa visión da política do PP no tocante á privatización da sanidade pública. Contamos coa presenza de Manolo Moreira, quen nos deu unha clase maxistral. Dados e plantexamentos do máis acertados, e cun carácter pedagóxico que nos tivo a todos e todas moi concentrados na súa exposición. Aínda que tamen estabamos na palestra fisemos o máis intelixente que era aproveitala súa presenza e non falar agás do tema dende unha perspectiva obreira.





Dende aqui queremos darllelas grazas por ternos convidado e a tódolos asistentes á mesma. Xente coñecida e xente nova, a que ten que lle dar continuidade ás loitas de toda índole.

Palestra na cova dos ratos.

viernes, 23 de abril de 2010

UN día entre as súas propias víctimas!
















Feijoó abucheado polos mortos que vai deixando ó seu pas.

Primeiro as traballadoras da Cruz Vermella, despois os afectados do porto seco de Salvaterra, e de seguido polos traballadores e traballadoras do CHUVI. Tivo que camiñar escoltado por un montón de policías. Uns poucos d uniforme e un montón de paisano. As pintas macarriles os delataban. Houbo refregas porque non deron controlando o son das rúas. Menos bonito, escoitou de todo. Eso sí, cunha cara de cemento e un sorriso de ... si poidera darte unhas ...
A fotografía non é seu forte. Non queren ser plasmados cando os increpan e lles din as verdades. Houbo de todo, ainda que nos medios diran que non houbo nada ou que todo foi ó revés. A violencia non sempre é algo a criticar. O é só cando ven dunha parte, a débil. Quen lles vai pedir contas a eles. Cecais algunha medalla por tanta valentía. Tremenda valentía ir en contra dos traballadores e traballadoras, do seu pobo. Máxime cando se fan porque non teñen a máis mínima capacidade para traballar.
Aquí unhas fotos da coraxe dos homes e mulleres que unha vez máis se manifestaron. Tamén manifestar o noso apoio ás traballadoras da Cruz Vermella e ós paisanos de Salvaterra. Para eles tamén tiveron algunha "dedicatoria" en modo de empurróns e golpes.

jueves, 22 de abril de 2010

Palestra na cova dos ratos

Mañan venres ás 20:00 horas charla-coloquio na cova dos ratos. Interviran Candido Gonzalvez, e Manuel Moreira. En defensa da Sanidade Pública. Pretendemos facer un coloquio ameno donde todos e todas poidamos participar. Animámovos a asistir e participar. Seguramente será logo de ir a recibir ó señor Feijoó, ás Travesas e á Florida.
Ten que ver de primeira man que lle temos moito afecto, polos 1.500 postos de traballo que queren destruir.
Veremos que tal nos sae a tarde.

Xoves,22/04/10.

Non hai tregua. Dia tras dia mobilizacións. Onte a Cruz Vermella, hoxe a Sanidade Pública, mañán Feijoó ven a Vigo e imolo visitar, e palestra Na Cova dos Ratosás 20:00 horas. E o domingo en Compostela, manifestación En defensa dos servizos públicos.
Temos moito ánimo e forza. E non imos ficar calados. Imos sair á rúa, dia tras dia. Sen presa, máis sen pausa. De xeito constante. Nesta guerra de desgaste a ver quen gaña o pulso.

Logo de velas fotos haberá medios que digan que eramos cinco ou seis. As fotos din ás claras cantos eramos.




Non foi unha marcha silenciosa, nen pausada. As traballadoras fiseronse escoitar. Moi ben por elas. Sen tregua, na defensa da sanidade pública galega.


De xeito compacto e con paso firme e decidido, a pola defensa da sanidade pública.




miércoles, 21 de abril de 2010

Todos e todas coa loita das traballadoras da Cruz Vermella!

Hoxe, mercores, tocaballe ás compañeiras da Cruz Vermella. E alí estaban logo de ter empapelada a cidade. falamos dun colectivo moi puequeno en número, máis grande coma poucos en capacidade de loita. Elas millor que ninguén para abandeirar a frase emblemática do Che Guevara. VENCER OU MORRER! e por loita e sacrificio merecen vencer. E Vencerán! Hoxe vimos tamén ós compañeiros e compañeiras da CGT, e a alguns da CUT. Entre todos e todas a manifestación tivo colorido. Non foi monocolor, e iso sempre é bo.


A cociña do Xeral, e a Lavandería do Meixueiro sempre moi activas e solidarias. Dende aquí unha aperta a todas. Tamen vimos a cociñeiros do Xeral. Ese é o camiño. Unidade e loita!


Veremos se mañán nos confirman os medios de comunicación que hoxe estivemos manifestándonos polas rúas da cidade ou se isto é producto da nosa imaxinación.



martes, 20 de abril de 2010

Medios de comunicación!


Os medios de comunicación, os seus traballadores e traballadoras, sempre asisten ós eventos que imos facendo. Eles sempre recollen en imaxes o que certamente acontece. Outra cousa ben distinta é quen lles paga e para quen traballan, no seu silenciamento ou distorsionamento da realidade. Onde hai máis de 10.000 persoas eles logo sacan unha foto parcial. E o pasado venres había algunha onde non se vía dende o medio da mesma o final da manifestación. Ah, máis se fose para un tema que lles interesase a eles dirían que eran milleiros, e sí empregarían tal fotografía.

Nos non temos problema cos traballadores e traballadoras. Temo-los cos afíns do franquismo. Eses que teñen un pasado ben oscuro e sanguinario e falan de democracia e ereitos humáns. A manipulación informativa é unha artimaña, máis non é un exercicio de democracia.

Democracia é manifestarse pacíficamente coma vimos facendo dende hai xa uns meses, e sair a defender un ben común para unha sociedade que aposta clara e decididamente pola sanidade que tanto costou levantar, entre todos e todas, pública, galega e de calidade.

Vencer nesta loita é garantir ós sectores máis desfavorecidos unha sanidade, un dereito elemental nunha sociedade que camiñe cara unha xustiza social.

lunes, 19 de abril de 2010

Máis de 3.000 entradas!

Fronte ós milleiros de lectores que ten un xornal de prensa tradicional coma pode se calqueira dos fíns do PP non somos nada, máis humildemente estamos a ter un foro de información alternativo. aqueles que nos tentan silenciar atópanse cada dia con máis frontes abertos. Uns panfletos por tódalas paredes de Vigo e a súa bisbarra, manifestacións e concentracións cada moi pouco tempo, e espazos de información que non son controlábeis polos elementos do PP.
Tal é o caso que sorprendentemente hai entradas de todo o estado español, de Italia, Inglaterra, Holanda, Estados Unidos, Venezuela,..., ata de Vietnan! sí, de Vietnam.
A causa da privatización está a ser respostada dun xeito contundente e continuado. Entre todos e todas, sen excusións. Aquí non nos gustan coorporativismos nin localismos. Somos tódolos grupos do Hospital un único fronte de resposta, e pomos a todos e todas ó mesmo nível: celadores, lavandeiras, pranchadoras, auxiliares, médicos, ..., que pinches. Aquí todos e todas ó mesmo nivel de participación e importancia. somos unha clase social e coma tal temos de estar, unidos e sen diferencias.
Proba delo é que entre as persoas rexistradas hai xente de cociña, celadores, auxiliares, e obreiros de fábricas de farmaceutica. Esa é a máis grande satisfacción.
Veremos se somos quen de chegar ós 6.000. E así progresivamente, ata acadar unha marea de xente cun berro seco e forte, que chegue ós ouvidos dos sordos e sordas que hoxe por hoxe aínda non queren escoitar o que está a ser xa un clamor popular.
Aqueles que cremos que o pobo é quen máis ordena estamos convencidos de que o camiño que estamos a percorrer vai deparar un final axeitado. Unha sanidade pública, galega, e de calidade.
VENCEREMOS!!!

domingo, 18 de abril de 2010

Nova seman, novas mobilizacións!


Nesta seman teremos movidas dabondo. O mércores ás 20:00 horas sairemos en manifestación de apoio ás traballadoras da Cruz Vermella. Compre apoiarlas e así imo-lo facer. Máxime cando elas sempre estan moi activas na loita pola defensa da Sanidade Pública.

O xoves tamén as 20:00 horas temos manifestación en defensa da Sanidade Pública. Nesta ocasión imos rematar diante da Delegación Provincial do Sergas. Toca novo final para unha nova manifestación.

O venres charla-coloquio " Na cova dos ratos", en Rúa Romil, nº 3. Esta anunciada a miña presenza, aínda que tamén veremos de levar a Manolo Moreira, Doutor e membro da Xunta de Persoal. Tamén é membro da Executiva nacional de CIG-SAUDE.

O Domingo, manifestación nacional ás 12:00 horas en Santiago. Convocada pola CIG, En defensa dos Servizos Públicos.

Coma podedes ver haberá unha seman do máis activa do que levamos ate o de agora.

Non nos queda outra que meterlle máis madeira ó lume, e darlle calor. Non hai outra alternativa, e ese é o camiño que imos seguir ate o final.

A Enma, compañeira de traballo!







sábado, 17 de abril de 2010

Pontevedra con choiva, e con marea humana!












Nas diferentes secuencias podese ver a que caeu por riba de nós, máis a forza e a vontade dos homes e mulleres galegos estan por riba de contratempos. A historia así o dixo tamen no venres 16 polas ruas de Pontevedra.
Non somos xente de sair nos medios do Pp, máis somos quen de forxala nosa historia como pobo. E a sanidade pública está a ser defendida con rabia, polos traballadores e traballadoras de todolos rincóns da nosa nación. Ferrol, Compostela, A Coruña, Pontevedra, e Vigo, estaban ben representadas na capital do Lérez.
A tromba de auga parteu a manifestación durante dez minutos, a ambos lados da rúa mais de seguido e mollados coma pitos tiramos cara diante. Sen medo, sen tregua, defendendo unha sanidade pública galega.
A cámara morreu afogada na manifestación, máis as imaxes son merecedoras de tal sacrificio. Xa que todo vale a prol de vencer, e imos vencer!



viernes, 16 de abril de 2010

jueves, 15 de abril de 2010

Venres,16 de abril, Pontevedra!

Seguindo a liña sindical dos últimos meses teremos mañán pola tarde, ás 20:00 Horas, unha manifestación en Pontevedra, para sair unhavez máis á rúa en defensa da sanidade pública.
Haberá autobuses para poder ir e vir con comodidade. A cita vai contar coa presenza importante dos traballadores e traballadoras dos hospitais de Vigo. Estan a ter un comportamento envidiábel!
As mobilizacións acadaron xa que aínda non se atreveran a licitar naa os amigos do alleo. Os cacos do PP. Mais non debemos baixala guarda e seguir así ate a victoria final. Vencer ou morrer!
Tamen queremos comentar que o vindeiro mercores, 21 de abril, haberá unha manifestación en defensa dos postos de traballo das compañeiras da Cruz Vermella, e en contra do seu peche. Estamos a falar dun hospital que forma parte do tecido sanitario da nosa cidade. Pouco a pouco estan a desmantela-los. Un a un ata non deixar opcións que non sexa o paso por caixa para acceder á sanidade privada.
E tempo de nos mobilizar unha e outra vez, con descaro e sen medo.
Estaremos en Pontevedra e en tódolos lugares do noso país, para defender un dereito coma é o sanitario. Abofé que tí tamén vas estar. Grazas!

martes, 13 de abril de 2010





FOLGA XERAL!

Onte escoitábamos na asemblea de traballadores e traballadoras do Hospital Xeral-Cies pular cara unha folga xeral. Agás a CIG, ningunha outra central sindical está a prol do tema. Terán de ser os traballadores e traballadoras que apoian a estas centrais as que presionen neste tema. Os afiliados e afiliadas da CIG o temos moi claro, e así vimo-lo manifestando dia a dia. Na saúde, no metal, na construción, alimentación, servizos,... En cada ocasión que temos. E máis, de non ser así que se nos diga en que condicións teremos de estar os traballadores e traballadoras, desempregados e desempregadas, para ir cara unha folga xeral. Pior... poderase estar pior aínda?
A CIG e o SATSE veñen de facer unha folga no sector, valentemente, máis non chegando a un 15% da incidencia. E obvio que soios non podemos. Precisamos da presion de todos e todas os que apoian a esas centrais que non queren soliviantar o máis mínimo ós "amigos do goberno". Unha cousa é clara: non son amigos dos traballadores os que orivatizaron Correos, O Sector Naval,..., e en localidades coma Vigo, as piscinas que eran municipais, ou mesmamente a recollida do Lixo. Serán calquer cousa, máis amigos non!

Máis información!

Nas asembleas celebradas onte nos diferentes hospitais do CHUVI acordaronse tódolos pasos a seguir, e valoraronse moi positivas as mobilizacións levadas a cabo moi recentemente. Agás unha intervención, que sempre hai quen non está nunca satisfeita, as valoracións foron moi positivas.
As vindeiras datas de interés son as seguintes:
O venres 16 de abril haberá unha nova manifestación en pontevedra. En defensa da sanidade pública. Van se por autobuses, porque seguro que Vigo vai aportar bastante presenza e colorido na manifestación. Alí estaremos, salvo que teñamos quenda de tarde.
O mércores 21 estaremos ás 20:00 horas na concentración e manifestación de apoio ás traballadoras do Hospital da Cruz Vermella. Elas son un exemplodeloita e contarán con todo o noso apoio. Dende hoxe xa estamos mandando chamadas á mobilización ás empresas onde temos xente solidaria e comprometida. Os mesmos que sempre veñen ás nosas mobilizacións.
O venres 23 teremos unha charla na COVA DOS RATOS, en Vigo. O tema é a defensa da Sanidade Pública. Tamén ás 20:00 horas.
O domingo 25, grande data para mín, estaremos na manifestación que a CIG convoca en Compostela. En defensa dos Servizos Públicos.
Coma podemos ver hai dinámica de traballo e así temos de continuar até a victoria final. Non sería xusto dicer que estamos traballando mal, aínda que sempre haberá quen diga que se pode facer máis, ... Compre estar en todas e cada unha das mobilizacións, sen tregua, e con moito ánimo.

domingo, 11 de abril de 2010

Ferrolterra, bravo!

Hoxe tocaballe a Ferrol manifestarse dende as doce do mediodia polas rúas da vila e alí estiveron 10.000 bravos e bravas berrando alto e forte De frente, sen tregua, Sanidade Publica Galega.
Hoxe voltou quedar ben claro que nos temos forza para pelexar ate vencer. Feijoó e Farjas teñen claro a estas alturas que se meteron nunha charca, da que xa é inevitábel sair sen se enmerdar. Agora non hai lugar para privatizar nada. Nin esternalizar, nen financiar con fondos empresarias,... A linguaxe é moi variopinta na boca dos gobernantes, máis o que non imos tolerar e que nos arrebaten un dereito de todos e de todas coma é a sanidade.
Mañan, luns 12 toca asemblea no Hospital Xeral, ás once, e ás 14.00 no Hospital do Meixoeiro. Haberá máis mobilizacións, con ou sen policía. iso xa non vai depender de nos.
O venres toca manifestación en Pontevedra. e alí voltaremos estar. Unha e outra, até vencer.
Porque máis cedo que tarde sairemos airosos desta batalla que vai para tres meses,... e o que o PP queira ata caer da burra. Ou das geivotas!