EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 13 de abril de 2010

FOLGA XERAL!

Onte escoitábamos na asemblea de traballadores e traballadoras do Hospital Xeral-Cies pular cara unha folga xeral. Agás a CIG, ningunha outra central sindical está a prol do tema. Terán de ser os traballadores e traballadoras que apoian a estas centrais as que presionen neste tema. Os afiliados e afiliadas da CIG o temos moi claro, e así vimo-lo manifestando dia a dia. Na saúde, no metal, na construción, alimentación, servizos,... En cada ocasión que temos. E máis, de non ser así que se nos diga en que condicións teremos de estar os traballadores e traballadoras, desempregados e desempregadas, para ir cara unha folga xeral. Pior... poderase estar pior aínda?
A CIG e o SATSE veñen de facer unha folga no sector, valentemente, máis non chegando a un 15% da incidencia. E obvio que soios non podemos. Precisamos da presion de todos e todas os que apoian a esas centrais que non queren soliviantar o máis mínimo ós "amigos do goberno". Unha cousa é clara: non son amigos dos traballadores os que orivatizaron Correos, O Sector Naval,..., e en localidades coma Vigo, as piscinas que eran municipais, ou mesmamente a recollida do Lixo. Serán calquer cousa, máis amigos non!

No hay comentarios:

Publicar un comentario