EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 28 de abril de 2010

El fugitivo (Soriano)


Temos constancia de que Sori ano estivo polas instalacións do Rebullón. Imos evitar chistes faciles, por respeto ós enfermos deste centro. Só un comentario: as veces estan fóra quen debera estar dentro, e viceversa.

Non ten a gallardía de nos convocar, porque non é moi amigo de escoitar aquelas voces discrepantes da súa política de vender ó público para reconverti-lo en privado. E coma calqueira outro da súa orde marcial, o PP, quen nos tilda de radicais ou violentos verbais. Estamos no ano dos eufemismos. Sempre é bó, que nos regalen un pouco de humor. Andamos ben faltos, por certo. Acontece que ser un dos 1.500 despedidos por unha política absurda non nos invita demasiado ó cachondeo; aínda que o intentamos. Non queremos irnos á sanidade privada sen emprego e cunha úlcera que costear. O copago que sexa para outras cousas.

Sori ano tes que mudar de actitude. Podes ver que os papeis que arrancas ou mandas arrancar medran nas paredes coma unha enredadeira. Incluso este fin de semán chegaron até a porta do teu despacho. Non hai tregua. Nen a vai haber mentras non mudes unha idea. O privado é negocio, e coa nosa saúde non ides facer negocio, nin hoxe nen mañán.

Mandaron-che, os teus, a torear nunha praza complicada. Isto non é España. Na Galiza non hai sitio para as touradas. Aquí os traballadores non dín joer, que calor! Aquí dín, denantes mortos que escravos. Se non entendes, dalle tempo ó tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario