EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 5 de abril de 2010

Mercores de movida!

O vindeiro mércores, 7 de abril, teremos unha concentración diante do Hospital Xeral, coas camisolas de Hospital Publico, 100%.
Pola tarde, as 20:30 estaremos na manifestación que se vai celebrar en Pontevedra. Compre que vaiamos todos e todas, para que lles quede ben claro e nítido a mensaxe que lles queremos reiterar unha vez máis a Feijoó e a Farjas. Sanidade Publica, Gratuita e de calidade. Non precisamos de máis. Non precisamos das súas falcatruadas.
Seguramente seremos moitos e moitas en ambalas mobilizacións, ainda que para os medios de comunicación sexamos catro iluminados, e enganados.
A loita continúa, e non vai ficar ata vencer!

No hay comentarios:

Publicar un comentario