EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

jueves, 15 de abril de 2010

Venres,16 de abril, Pontevedra!

Seguindo a liña sindical dos últimos meses teremos mañán pola tarde, ás 20:00 Horas, unha manifestación en Pontevedra, para sair unhavez máis á rúa en defensa da sanidade pública.
Haberá autobuses para poder ir e vir con comodidade. A cita vai contar coa presenza importante dos traballadores e traballadoras dos hospitais de Vigo. Estan a ter un comportamento envidiábel!
As mobilizacións acadaron xa que aínda non se atreveran a licitar naa os amigos do alleo. Os cacos do PP. Mais non debemos baixala guarda e seguir así ate a victoria final. Vencer ou morrer!
Tamen queremos comentar que o vindeiro mercores, 21 de abril, haberá unha manifestación en defensa dos postos de traballo das compañeiras da Cruz Vermella, e en contra do seu peche. Estamos a falar dun hospital que forma parte do tecido sanitario da nosa cidade. Pouco a pouco estan a desmantela-los. Un a un ata non deixar opcións que non sexa o paso por caixa para acceder á sanidade privada.
E tempo de nos mobilizar unha e outra vez, con descaro e sen medo.
Estaremos en Pontevedra e en tódolos lugares do noso país, para defender un dereito coma é o sanitario. Abofé que tí tamén vas estar. Grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario