EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 31 de marzo de 2010

Os amigos do PP acaban de lle cortar á pancarta a palabra Xunta. Non queren que a cidadanía de boa conta das súas falcatruadas, máis nin cortando a pancarta enteira van silenciar ós compañeiros que a fiseron e a colocaron.

Esto é o que merece Soriano e os seus á vista dos 1.500 despidos que quere deixar ó seu paso polo Hospital Xeral. Non hai tregua!

Con ironía nos tomamos o silenciamento da telegaita, TVG, e si sintonizamos en directo todas e cada unha das mobilizacións nas tardes de Superpiñeiro ou mesmamente Gayoso. Tapar o vento coas mans é artocomplexo, aínda que seguide tentandoo. Boa sorte!


domingo, 28 de marzo de 2010

Domingo, 29 de marzo!

Aínda que hoxe temos de traballar, porque nos hospitais non hai dia que se teña de parar, estamos a recuperar forzas para as novas mobilizacións que se van acordar.
Gosta comprobar que a xente segue a perguntarnos cal van selos seguintes pasos,..., porque hai gañas e vontade de tirar deste conflicto ata o final.
A plataforma en defensa da Sanidade Pública está a artellar novas manifestacións nas diferentes vilas do país. O caso de Ferrol é o máis inmediato. Despois tócalle a Pontevedra. E supoñems que detrás ira A Coruña ou Lugo.
Farjas e Corina tentan contrarrestar dicindo que o PP está pola Sanidade Pública e que estamos a enganar á xente.
Para elas meter empresas privadas no sistema sanitario non é privatizar, cecais o maquillen chamando externalización dos servizos. Para eles o sistema de copago non é ter de pagar pola asistencia sanitaria, cecais o maquillen con sistema de compensación económico complementario, ou que sei eu maneira de nos "chuleala pasta" para enriquecerse aconta nosa.
O que é ben certo é que a cidadanía xa sabe que en todo o estado español xa está privatizado o sistema sanitario. So quedamos resistindo no país galego. Ata cando? Iso teremos de ve-lo, e ata o de agora moi ben.
A nosa rebeldía tense de manter día a día até a victoria final. Ficando unidos e estando todos e todas a unha. Loitando e loitando.

viernes, 26 de marzo de 2010

Maria Jose Rodríguez Vilaseco, grazas!


Dende este humilde espacio queremos facerlle unha mención moi especial a unha compañeira, que onte veu seu froito nunha manifestación multitudinaria. Traballou arreo, participou de tódalas accións levadas a cabo. Pegadas, conferencias, entrevistas, peches,..., e sempre dende o anonimato e sen protagonismos absurdos.

Exemplos anónimos que merecen ser salientados. Enhoraboa, compañeira, porque nos tempos de adversidade si estiveches sempre.

Traballo, traballo, e traballo, son o seu lema. Na foto podedes ve-la no centro da pancarta. Un bico moi grande, e a pola seguinte.

Abril, vencerá!

Cando me falan de Abril, dende moi cativo, venme á cabeza unda data gravada a ferro no corazón. Un 25 de Abril, no Portugal do dictador Salazar, os portugueses sairon á rúa, co apoio dos militares que apostaron pela democracia. O simbolo do caravei, percorreu o mundo. Os militares portaban nos canos de morte das súas armas, espranza en forma de caraveis vermellos.
Trocaban as balas de represión pola voz do seu pobo. Que grande!
Zeca Afonso inmortalizouse aquel dia coa sua canción "Grândola, vila morena!" que foi o sinal emitido dende Radio Renaçensa. Un grande premio a un cantautor revolucionario.
Neste mes aqueles homes e mulleres que apostamos pola sanidade pública non imos ficar calados. Abofé que non. O 11 de Abril temos unha cita en Ferrolterra. Unha grande manifestación. E iremos con choiva, vento, ..., máis sen tregua. Estamos a morte pola sanidade pública e non imos ficar parados. o 14 de Abril temos unhamáis cómoda en Pontevedra. Tamén iremos. Non haberá un minuto de tregua. Todos a unha, nesta loita xa non tan desigual coma hai dous meses.
Os pobos son froito do que os seus compatriotas sementan no dia a dia, e os mitos de que non somos un pobo rebelde e incorfomista estase a trocar a cada segundo das nosas vidas. Non se pode concebir unha Galiza sen cidades bravas coma Compostela, Ferrolterra, ou Vigo.

Ver coma xa non nos poden silenciar!

Interesante e grata resaca da manifestación de onte. Para o Faro de Vigo eramos 50.000 persoas. Para La Voz de Galicia, 30.000. Poderían dicer máis verdades no seu artículo, máis non lles quedou outra que dicer que Vigo e bisbarra é un clamor popular contra dunha privatización.
As plataformas de Pontevedra, Ferrolterra, e A Coruña estiveron presentes polas ruas de Vigo. Tres horas de ida, e outras tantas de volta, non se fan para ir tomar un café a Vigo a esas horas e coa que estaba a caer. Faise pola gravidade do atraco de Feijoó e a Farjas.
Mentir mentiron os medios durante moito tempo. Permear xa non permean máis na xente. Son xa demasiadas en moi pouco espacio de tempo.
O interesante desta historia é que había xente dos concellos de arredores. Xente de media idade. Eses que noutrora votaban por estes elementos. A tomar nota amigos, se é que queren seguir chupando do eido da política; porque os galegos e galegas xa non fican calados. Mirade as fotos. Non poideron atopar outra manipulación que sacar unha foto dende moi lonxe, ou outra da pancarta onde ían as bandeiras da patria. Coma se fose unha manifestación dos nacionalistas.
Salvo pequenas sutilezas non poideron sacarlle moita punta a algo que estivo "perfecto".

jueves, 25 de marzo de 2010











Resposta masiva da cidadanía!














Diran que eramos douscentos indocumentados, que non teñen razón algunha pra sair ás rúas de Vigo. Cecais sexamos ese 20% que segundo eles secundou a folga e non tiñamos gañas de voltar para casa. Quen sabe a graza que nos agarda conestes satélites do PP. Quen sabe!
O interesante é que a liña é acorrecta e a resposta da razóns máis que poderosas pra seguir na mesma liña. Magoa que non veu Soriano ou a alergóloga de Madrid a nos explicar que estabamos errados. Unha oportunidade perdida, cun foro deseoso de escoita-lo. Cecais nos convenze de que a sanidade privada é o camiño que todos e todas debemos explorar.
Namentras tanto, a cidadanía deulle cumprida resposta. E así ate a victoria final. Vencer e manter un dereito de todos e todas. Unha sanidade pública, de calidade.

ULtimas novas

O Sergas nos reduce a unha mínima expresión. Para eles somos o 21 nos hospitais e o 16% en primaria. Simpático. Afortunadamente nos seus foros internos saben cal son os números. E iso é o que interesa. Agora hai que se mover para a manifestación de hoxe ás 20:00 horas. Para que digan que eramos douscentos coma moito.
Cada día temos máis perto de nós o trunfo final. A sanidade que hoxe é de todos e todas vai seguir sendo por moito tempo.
Venceremos!

XOVES 25

Hoxe estamos escrebendo dende a seccion sindical da CIG. Diran mañana que a folga non tivo incidencia, máis aquí agora neste hospital estan os minimos exixidos por lei. A xente esta a marchar porque non hai operacións, consultas,... Aquí todos e todas nos estamos a xogar un modelo sanitario público en detrimento dun negocio de catro amigos do PP.
Estamos a non máis de tres metros dunha sá de xuntas onde os representantes dos traballadores e traballadoras estan ultimando pequenas cousas dunha manifestación que xa nos esta a desbordar. Megafonía, consignas, propaganda, servizo de orde, medios de comunicación,...
A sorte é que grazas á colaboración de todos e todas hoxe estamos ante unha data a lembrar por todos.
A camara tamen vai estar presente, porque queremos que as imaxes den fe das realidades que esquecen de contar nos medios do PP.
Acabamos de ter datos oficiais da incidencia da folga:
80,85% de incidencia.
10 quirófanos suspendidos no Hospital Xeral.
5 quirófanos suspendidos no Hospital Cies.
Seguiran dicindo que eramos catro, máis a realidade é a que é. Afortunadamente, e grazas ó grao de compromiso e implicación dos homes e mulleres que non estan a desfallecer.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Empezamos...

En duas horas iniciase unha folga nos hospitais públicos de Vigo. Hoxe asistimos ós preparativos da manifestación de mañan, e foi certamente fermoso ver coma se van distribuindo todalas pancartas e bandeiras polas diferentes federacións da CIG.
O persoal perguntaba polas pegatas e bandeiras. Ninguén querese perder algo tan especial.
Coma nota salientábel decir que incluso aqueles que se adican a lle por trabas a todo recoñecian que en tódolos lugares de Vigo e bisbarra había propaganda e información da manifestación de mañán. Vindo de quen viña ben podemos crer que era ben certo.
Evidentemente vai ser un dia longo, xa que as 7:30 horas da mañán estaremos no piquete, aínda que non vai ser preciso. Todo o persoal está máis que concienciado, agás algún jefecillo ou mesmamente Soriano. Gostaríamos de ve-lo entrar para lle animar a xornada.

martes, 23 de marzo de 2010

A dous dias da cita!

Pasado mañán, xoves 25, haberá unha nova xornada de folga nos hospitais públicos de Vigo, para manifestarnos unha vez máis que non imos tolerar unha privatización do sistema sanitario. Pola tarde, ás 20:00 haberá unha manifestación que percorrerá as rúas de Vigo, en defensa da sanidade pública. Nos estamos a xogar a perda dun dereito básico, coma é o da Sanidade. Non pode quedar impasíbel a cidadanía e non o vai facer. Compre sair a berrar con forza, A Saúde non pode ser un negocio de catro mangantes.
Viran de todolos rincons, de Vigo e bisbarra. Das diferentes plataformas en defensa da sanidade pública do país. Non temos a máis mínima dúblida de que Vigo vai-se volcar na defensa da súa sanidade, que é a súa calidade de vida.
Ben é certo que tra-lo 25 hai vida e teremos de seguir mantendo vivo este conflicto. Haberá de seguir con mobilizacións, charlas, pegadas de carteis, pancartas,...
Entre todos e todas podemos. E iso é a forza que nos precisamos para mudar non só esta inxustiza, senon calqueira outra que se nos presente.
Agradecemos tódalas entradas, participacións, adhesións que temos neste blog. Hai ata entradas do Vietnam. Aueles que nunha guerra desigual un dia venceron ós todopoderosos yanquees. Ogallá nos tamen teñamos a capacidade de poder vencer nesta loita tan desigual ó fascismo que nos priva de dereitos, un tras outro.










lunes, 22 de marzo de 2010

Traballando na cociña, máis no descanso... facendo o que hai de facer!
















Unha en clave de humor!

Hoxe á tarde andivo a Farjas, e o Soriano polo hospital. A Farjas en persoa estivo arrancando os panfletos que lle din á cidadanía o que está a perigar a sanidade pública. A graza foi que tras dela ían compañeiras da cociña colocandoos. Pra cando voltou atopouse con máis dos que nun inicio sacou. Non sabe ela que hai dinámica e moita ilusión por tirar ata o final con todo.

De ánimo e forza, ben grazas!

Andan os afíns do PP a sacar tódalas pancartas que estamos a pendurar das pontes da cidade. Eles sacan, nos penduramos. e así ata vencer.
Non imos por mal camiño, cando na prensa de onte volven a ter de lle dar cancha a Soriano e ós plumillas do PP atacando a quen defendemos unha sanidade pública, gratuita, de calidade,...

LUNS, 22 de MARZO!

Hoxe estan concentradas diante do concello de Vigo os traballadores e traballadoras do Hospital Xeral, do Meixueiro, do Rebullón, e do Nicolás Peña, para pedirlle que na sesion de plenos do Concello saían hoxe cunha posición clara en defensa da sanidade pública, e para que manifesten que van estar presentes na manifestación que vaise celebrar o vindeiro xoves 25 ás 20:00 horas. Todos e todas estamos convocados para esta cita. En xogo unha sanidade pública, frente a unha privada.
E tempo de rebeldía e de loita. E coma traballadores e traballadoras que somos imos estar con todo e por todas. Vencer ou morrer!
Para nós non hai outro camiño.
Hai homes que loitan un dia e son bos.
Hai homes que loitan un ano e son millores.
Hai homes que loitan moitos anos e son moi bos,
pero hai os que loitan toda a vida; esos son os imprescindíbeis!

viernes, 19 de marzo de 2010

A cinco días da manifestación da cidadanía!

Tal dia coma hoxe comprobamos no centro de traballo, a cociña do Hospital Xeral, coma os ánimos estan de maravilla. Vimos coma unha compañeira, cociñeira, traia panfletos para anunciar unha charla-coloquio en Gondomar. Donde falarán o Presidente da xunta de persoal, Manolo Moreira, e a secretaria, Maria José Vilaseco, compañeira da nosa cociña.
Tamen comentaron que os afíns do Pp están a quitar da cidade tódalas pancartas que estamos a por polas pontes da cidade. Somos máis a por, e seguimos ata vencer.
Hoxe tamén fomos testemuña directa de coma estaban últimando unha nova pancarta. Non hai tregua, e a victoria cada dia está un pouco máis perto.
Temos tamen unha conta atrás nas conferencias e charlas.
O vindeiro luns hai pleno no concello de Vigo, e alí van ir tamén compañeiros e compañeiras da cociña. Hai empuxe para estar en tódolos frentes que nos abran. En todos e cada un. Unha maravilla ver coma a dinámica está a dar seus froitos.
Tamén temos claro que imos seguir a partires do 25 de marzo, porque xa temos concordada unha charla ou palestra Na cova dos ratos.

martes, 16 de marzo de 2010

Concentración-Peche

Acabase de iniciar no hospital Xeral de Vigo unha concentración-Peche de 24 horas. Todos e todas estamos cun apoio incondicional ás medidas de forza que se estan tomando, e as que lle precedan. Nin un paso atrás na defensa da Sanidade Pública. De aquí ó 25 de marzo hai de tensar ó máximos todalas cordas posíbeis para que aqueles que intentan silenciarnos vexan que non é posíbel. Que hai unha nova dunha gravidade tal que non se pode tapar baixo dunha alfombra coma xa intentaron en outras ocasións.
Aquela marea negra que nos deixou a incapacidade destes elementos para eles non eran máis que uns fios de plastilina.
As loitas do metal non eran máis que catro desalmados con gañas de facer festa ou mal, segundo cada quen.
Hoxe temos de estar todos e todas coneles, e mañán ás once horas estar na súa saída. Estaremos, evidentemente.

16 de marzo.

A nova executiva nacional de CIG-Saúde vai estar coma estiveron sempre na defensa da Saniade Pública. Dende eiquí un saúdo nacionalista e de clase a éstes homes e mulleres que terán presenza o 25 de marzo na nosa cidade. Unha aperta a todos e todas.
As gaivotas do PP sobrevoan o hospital Xeral-Cies, o Meixoeiro, o Rebullón, o Nicolás Peña. Imos derribalas sen máis contemplacións. Trocaremo-las por aves solidarias, portadoras do novas moito máis favorábeis para o conxunto da clase traballadora, da sociedade,...


Repetímo-la para que vexades quen son. Homes e mulleres que sen medo van pular polo sistema sanitario público, galego, e de calidade.

Os agardamos, porque esta é sempre a resposta que nos traen. Poderían facer eiquí o seu recorte presupuestario, máis non. Cada vez hai máis, e o que é peor. Cheos coma van, non atopas un que teña lido un libro.




Estes son os que teñen de lle levar unha mensaxe nítida a Feijoó: non somos capaces de incarlle o dente ós traballadores e traballadoras da cidade de Vigo. Non podemos coneles.



Martes, nova manifestacion diante do Hospital Xeral.












Seguro que hoxe tan imos ver imaxes coma estas, de mobilizacion en mobilizcion ata acadar que retiren a súa idea de negocio dun sistema sanitario público. Tan só hai cabida na sanidade pública ó interés xeral frente ó particular. Un sistema ó servicio do colectivo social, frente ó especulativo, enriquecedor, e usurero de catro amigos do alleo. Os amigos do PP que se meten única e exclusivamente para esquilmar.
O pasado fin de seman houbo un Congreso Nacional de CIG-Saúde en Ourense, e unha cousa quedou clara. A morte na defensa do sistema sanitario público. E é que o 25 todos e todas imos estar en Vigo, na manifestación que sei seguro que vai ser multitudinaria. Ninguén quere perderse a resposta cidadán que se lle vai dar ó PP. Nin un paso atrás na defensa da Sanidade. De frente, sen tregua, sanidade pública galega. Animo nestes dias de frío, e a por eles, sen medo. Venceremos!

viernes, 12 de marzo de 2010

HOMENAXE OS COMPAÑEIROS DO METAL!



No ano 2009 os traballadores e traballadoras do metal mantiveron unha loita longa e dura por un convenio laboral. Por aquel entonces dende o hospital Xeral Cies pendurábase unha pancarta de 25 metros que se veia dende moi lonxe, co lema APOIO A LOITA DO METAL. Hoxe estes homes e mulleres seguen a sufrir unhas condicións laborais durísimas. Dende eiquí saudar ós compañeiros e compañeiras do campamento ubicado diante do edificio da Estrela. As adversidades súas estan a ser as nosas, e xuntos manifestarlles a nosa solidariedade, e un berro seco de Adiante compañeiros!
Non hai loita máis xuxta que a dos traballadores e traballadoras reclamando seu emprego.

Xoves 11 de marzo

Onte non eramos moitos e moitas nas mobilizacions do Hospital do Meixueiro. Uns pensan que hai certo cansancio, outros pensamos que foi o parón da seman pasada. Veremos nas mobilizacións da vindeira seman.
Coma nota a destacar ver coma a xente está a repartir panfletos por tódalas ruas de Vigo. Isto xa é un clamor popular.
Soriano foi convidado a falar na asociación de viciños Eduardo Chao, e non foi quen de engana-los. A xente sabía que lle estaba a mentir este señor, e foise co pleno convencimento de que Vigo quere un Hospital 100% público. A Sanidade Privada non terá cabida na nosa nación, queiran ou non.
Tamén nos enteramos por un compañeiro que o dia 22 de marzo no Concello de Vigo vai sair o tema no pleno, por medio do BNG. Deberíamos estar todos e todas alí presentes, ainda que non nos van deixar. Evidentemente.
Teremos unha manifestación multitudinaria, porque así estamos a traballar. Logo dirán que eramos 2000 coma na manifestación de onte polo tema do 10 de marzo. Decirlles que non importan os números cando a clase traballadora loita por aquelo no que cree. Non somos números, e non vivimos para iso, aínda que sempre intentouse enumerarnos, organizarnos, alienarnos,...
Comentar que s nos convidou a estar nun debate ou foro Na cova dos ratos, e alí estaremos. Agradecemos que se nos den opcións a falar e a nos comunicar con todos aqueles e aquelas que queren ter informacións serias e veraces.

miércoles, 10 de marzo de 2010

AMADOR E DANIEL, PRESENTES!

Tal día coma hoxe morrían asasinados pola policía franquista Amador e Daniel, traballadores da Bazán en Ferrol. O seu delito, seren traballadores.
Hoxe, moitos e moitas, somos producto do que estes traballadores xunto con outros, sementaron naqueles tempos.
As 20:00 horas sairemos en manifestación polas rúas de Vigo para rememora-los nuns tempos francamente adversos para a clase traballadora. Recorte das pensións, centos e centos de expedentes de regulamento de emprego estan isolando o noso país. Miles de traballadores e traballadoras sen emprego,..., venda dos servizos públicos coma a Sanidade ou a Ensinanza.
Non imos ficar parados un instante. Temos de combatir, e pular por un modelo político-económico ben diferente do capitalismo tan feroz; O Socialismo.
Tocaranos estar na pancarta de cabeceira da manifestación da CIG. Dúas persoas das nove que van estar na cabeceira traballamos na sanidade pública. Connosco estarán sete compañeiros e compañeiras que tamén apostan decidida e descaradamente pola Sanidade Pública. Haberá enseñas que fagan mención á nosa loita. Porque compre salientar ós incansabéis compañeiros e compañeiras da saúde; e é que entre todos e todas berraremos un NON PASARAN! Adiante compañeiros e compañeiras!

martes, 9 de marzo de 2010

Martes 9 de marzo!

Día frío frío, incluso en canto a partcipación. Non foi un acerto deixa-las mobilizacións unha seman. Temos de aprender dos erros e por moita máis velocidade cara un 25 de marzo. Teremos a presenza do Secretario Xeral da CIG, quen hoxe falou nun Consello Confederal da nosa problemática coma traballadores e coma usuarios.














lunes, 8 de marzo de 2010

Un saúdo revolucionario nunha data tan sinalada as compañeiras Maria Jesús Carro e Angeles Berciano que hoxe é o día da muller traballadora. Lembrar que estamos nun conflicto moi feminizado, o da Sanidade Pública, e as traballadoras estan a portar coma bravas loitadoras. A todas e cada unha delas, adiante! Nin un paso atrás!
Pasado mañán é o día da clase traballadora galega, e ás 20:00 horas, dende Vía Norte, sairemos en manifestación ata o edificio da Xunta. Eses que agora queren desmembrellarnos este país teñen que escoitar á clase traballadora que non imos ficar calados, é tempo para rebeldía.

Camiño do 25 de marzo

Hoxe ás dez da mañan tivemos a oportunidade de participar na asemblea de delegados e delegadas da Cig-Químicas. Dentro dos moitos problemas e adversidades polos que atravesa a clase traballadora, ttamen tivemos a ocasión para lles explicar que queren facer catro mangantes do PP coa sanidade pública, e con todo aquelo que teña este carácter.
Tra-la triste exposición do panorama que temos a corto, medio e longo plazo, fomos quen de crearlles o compromiso de que van-se mover a fondo para que tódolos traballadores e traballadoras das súas fábricas saian a manifestarse connosco o 25 de marzo. Teñen de mobilizar a tódalas persoas cantas pidan, se é que non queren unha sanidade privada, onde ter de pagar por ser consultado por un médico.
Afortunadamente había xente das fábricas de Vigo e bisbarra. Afortunadamente o 25 van vir membros da CIG de todo o país. Estamos diante da primeira praza que quere toma-lo partido popular, máis non a única senon os freamos. Por iso estamos a queima-las naves.
Tamén hoxe demoslle ós compañeiros da cociña 7.000 panfletos para repartir. Non lle demos publicidade ó tema e seguirá habendo quen diga que non fan nada os sindicatos. Xa non respostamos, porque os feitos falan por sí mesmos.
Mañan ás once da mañán hai unha nova manifestación diante do Hospital Xeral. Nos temos de seguir na mesma liña, e así ate a victoria final.
Estamos a racha-lo aillamento malintencionado dos medios. As rúas de Vigo estan empapeladas, os concellos limítrofes tamén. E así imos seguir ata vencer. Así ata que se comprometan a non roubar algo que é de todos e de todas.

sábado, 6 de marzo de 2010

A CONTA ATRAS!

Na ultima manifestación da plataforma En defensa da Sanidade Pública había unhas 30.000 persoas. A cifra é certamente interesante, máis se agora non somos quen de duplioca-la estaremos a falar dun fracaso. Agora son realidades os temores do pasado. Agora hai unha privatización a moi pouco tempo, senon lle damos esa resposta que se está a fraguar. Hai de duplica-la cifra cando menos.
Viña no xornal A NOSA TERRA que estanse a crear moitas plataformas. Unha en cada unha das grandes cidades galegas, e é que neste pais non queremos que se nos implante o modelo español, nen o modelo europeo, que ven se-lo mesmo. Eiquí ata o momento vivimos sen ese "progreso do carallo", e non nos vai nada mal.
Tamén sacaban unha ampla reportaxe da pasada manifestación do 24, e sen textos tendenciosos nin malintencionados. Evidentemente falamos dun xornal galego e de esquerdas. E compre darllelas grazas por non ternos silenciado.
Unha manifestación que pase de 60.000 asistentes será un grande trunfo a prol da sanidade pública e pese ó illamento de caseque tódolos medios de comunicación escrita e oral. E imolo conquerir!

Cadea humana!













Seguen os comentarios da orixinal protesta levada a cabo polos traballadores e traballadoras do CHUVI. O inxenio está a ter moita presenza nas accións a levar a cabo, para rachar co silenciamento dos medios.
Ben é certo que para iso temos 100.000 panfletos para repartir por toda a cidade, e esta-se a traballar moi seriamente na manifestación do vindeiro 25 de marzo. Tamén dende determinados colectivos estanse a sacar a maiores máis panfletos. Caso da cociña que está a ultima-lo tema con 8.000 panfletos, a maiores dos 100.000, e é que coma di un compañeiro da cociña parafraseando a Groucho Marx, más madera!
O ánimo está de maravilla, e iso transmítese cada vez que se saca o tema.
Temos tamén a constancia de que Soriano deu orde a que os compañeiros e compañeiras da limpeza arrancen tódolos nosos carteis. Somos moitos máis a por que estes compañeiros a sacar. Contra eles nada de dicer, porque se lles manda. Contra algún sanitario que tamén os arranca que non o collamos coas mans nos nosos carteis, porque poden ter que operar co antebrazo. Será un sarcasmo ou será algo que debera ter en conta? Avisado está!


viernes, 5 de marzo de 2010












Din na prensa que houbo dificultades para acada-la cadea humana arredor do hospital. Pobriños. Non só do hospital, senon da mazán cpmpleta. Dician que houbo de se estirar e é que dixo se trata nunha cadea. Aínda así que vexan que groso nalgunhas partes da mesma. Por máis que queiran non van poder obviar unha realidade. O clamor pola defensa da sanidade pública é algo que se lles vai das mans, os amigos do alleo. E nós, mentras tanto, artellando xa novas mobilizacións. Non hai tregua nesta guerra. Xa non é tan desigual coma nun principio, afortunadamente.
Para a vindeira seman hai máis mobilizacións. O martes manifestación ás 11 dende o Hospital Xeral, e o xoves dende o hospital do Meixueiro. Polo medio falase dun peche. Apoiámolo sen dubida algunha.
O luns temos unha asemblea de delegados da CIG, químicas. Teremos opción a animalos tras explicarlles o que se nos ven enriba coma traballadores e coma usuarios da sanidade. Podemos garantir que van estar coas suas familias o 25 de marzo. Vai ser algo irrepetíbel. O ambente está a ser maravilloso. Van vir tamen doutros pontos do pais, coma A Coruña, Compostela, Ferrol, ...
Ninguén quere perderse a resposta que se lle vai dar a estes delincuentes.