EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 2 de marzo de 2010

Asembleas informativas

Hoxe tocou informar nos centros do Hospital Xeral, e no do Hospital do Meixueiro. O interesante das asembleas estivo en que deron a nova de que os que antes nos ignoraban, agora nos combaten con todo tipo de artimañas. Lonxe de nos estar desanimados estamos moi convencidos de que estamos na liña correcta, gañando esta batalla. Entran a torpedear calquer intento de folga ou mobilización. A paciencia e o non entrar na súa provocación está a dar resultados xeniais. Non debemos dar a máis mínima opción a que nos tenten criminalizar. Coma mostra recente o que lle pasou ós traballadores do metal. Pasaro de victimas dunha represión brutal por parte da policía a ser por riba os culpábeis.
Hai pouco menos dun ano eramos cinco tras unha pancarta pedindo un hospital non privatizado. Hoxe somos miles. Por aquel entonces a Farjas viña ela moi cordial a saudar e a nos perguntar. A ver se agora quere face-lo mesmo. Nos encantados de que así sexa. Os tempos mudan, e para sorpresa de todos os cinco de entonces agora somos 6.000 nunha manifestación. As fotos que agora subimos son do dia 2 de xullo do pasado ano. E somos os que saimos na foto. Nas de agora non cabemos nunha, nen en duas, tres, ... fotografías.
Mañán estaremos con velas, algo que tampouco lles gosta e que estan tratando de evitar por tódolos medios. Non imos faltar. Alí estaremos, e se a Farjas quere vir, que veña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario