EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 2 de marzo de 2010

Martes, 2 de marzo.

As máquinas estan funcionando a pleno rendemento. En menos dunha hora haberá unha asemblea no Hospital Xeral. As 14:00 horas será no Meixueiro. A propaganda, panfletos, carteis, estan quentiños. recén chegados.
Vigo ten de quedar literalmente empapelado. Nas paradas dos autobuses, nas tendas, nos bares, en tódolos espacios que sexan susceptíbeis de ser frecuentados polos posíbeis usuarios dos hospitais.
Imos a un moi bo ritmo, grazas á colaboración de todos e de todas. Os xa repartidos, máis de 10.000, hai de sumarlle 50.000. E seguramente haberá de facer outros tantos.
Hoxe a tarde poderemos ver fotografías do acontecido na asemblea. Hoxe tocalle ós compañeiros e compañeiras do Hospital do Meixueiro sair guapos e guapas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario