EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 3 de marzo de 2010

Noite de velas!

Frente ós que nos queren dar silencio administrativo ou millor dito apagón, iluminamos toda a mazán do hospital Xeral. Centos e centos de velas arredor dando varias voltas. Tratabase de corrente alterna, ou alternativa.
A resposta voltou ser contundente, e novidosa. Non pasou desapercibio para tódolos viandantes. Aquí hai máis que dar, e imos dalo todo.
Coma nota negativa a idea dunha central marxinal, sen incidencia no sector, que pretende crear unha alternativa modelo español, unha mal chamada plataforma. Dicirlles que xa hai unha plataforma que ten ás asociacións de veciños, partidos políticos, e sindicatos. Afortunadamente funcionan e moi ben, e non precisan de salvadores supremos; aínda que estes logo canten a internacional.
Nas fotos de onte podemos ver cantos eramos os que en xullo do pasado ano estaban tras dunha pancarta, alí onde a Farjas ía. Eramos un sindicato, máis os traballadores a outra cousa. Non ia coneles. Non é un reproche, é manifestar que cando se fala en plural se é moi inxusto conesta central sindical. A cada un o seu!
Agora hai de mirar cara diante, e non perdelo norte. Adiante!

No hay comentarios:

Publicar un comentario