EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 1 de marzo de 2010

MES DE MARZO

Neste mes que hoxe iniciamos hai datas de moita relevancia para a clase traballadora. Non podemos deixar pasa-la oportunidade de comentar que o 8 de Marzo é o día da Muller traballadora. E estamos inmerso nun conflicto laboral, con moita presenza de traballadoras. A elas este día ten de ser un dia moi especial, e nós estaremos conelas nun segundo plano. Máis firmes coma ata agora. Como o estan todas elas. Inquebrantábeis!
O 10 de marzo é o dia da clase traballadora Galega. Data que lembra o asasinato en Ferrol, dos traballadores AMADOR e DANIEL, a máns da policía, no ano 72. Destes feitos, xurdeu o inicio do sindicalismo nacionalista e de clase que hoxe está presente na central sindicalista, a CIG. (Confederación Intersindical Galega).
Non son datas que deban esquecerse, é máis. Temos de mante-las moi vivas, porque as conquistas dos dereitos que hoxe temos son producto de homes e mulleres que loitaron con tal sacrificio que as veces deribaron en asasinatos.
Os compañeiros de Amador e Daniel por aqueles anos viron unha derrota brutal. A perda de dous compañeiros. O tempo fainos ver que eles participaron dun grande trunfo. Sementaron ata dar coa maior central sindical deste país. O tempo non os esqueceu, os admira e os rememora cada 10 de marzo. Coma ten que ser. E coma din na Cuba dos barbudos: Patria ou Morte! Venceremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario