EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 29 de agosto de 2010

De volta!

Tras un breve paréntesis voltamos á dinámica do dia a dia.
Non pasaron demasiadas cousas neste mes, aínda que si algunha, incluso graciosa. para aquelas e aqueles que se perden en buscar culpábeis, que si PP ou si PSOE. o tempo está a darnos a razón. Son a mesma merda, falando en prata.
a política privatizadora está a lapidar sectores básicos e fundamentais dun modelo social de bienestar. até hoxe uns decían que era o PP quen apostaba por isto.
Agora o PSOE enchese dicindo que non é malo o modelo de financiación privada para estradas e infraestructuras. Blanco enchese de peito cando di tal afirmación. Na práctica identica a da creación dos hospitais privados. Trinidad Jimenez falou xa do tema do COPAGO, e tamén chea comenta que esta opción a teñen enriba da mesa.
Aos pobriños que aínda ven diferencia entre PP e PSOE que desperten. Son as dúas caras dunha mesma moeda.
A nos quedanos o combate e a loita até o final. Que alomenos non lles saia gratis cargarse un modelo de sanidade moito millor e máis xusto que o que queren implantar.
De novo por aquí, prometendo un setembro moito máis animado.
Benvidos!

jueves, 12 de agosto de 2010

Sentenza: Culpábeis!

Hai hoxe 35 anos morría, asasinado pola policía, o galego Moncho reboiras noia.
Hoxe a súa traxectoria e a súa loita teñen total vixencia.
No mesmo dia cae nas nosas mans unha sentencia contra dous compañeiros polo grave delito de terse manifestado contra dun modelo sanitario que priva ós máis necesitados o seu aceso.
A gravidade da sentencia é de tal calibre que o que dí a policía son feitos probados, manda carallo, e o que di a verdade non se ten en conta.
Ata tal ponto que cando un policía te poña diante dunha xuiz dará igual que lle digas o que che pete. Vas a estar a peito descuberto, tanto que foses ou non autor dos feitos que se denuncien.
Cada vez que te manifestes terás de levar na idea que eres culpábel. logo xa che dirán de que.
Evidentemente nascimos culpábeis, vivimos culpábeis, e morreremos moi orgullosos de ternos comportado sempre coma culpábeis. A inocencia é patrimonio dos corruptos e dalgunha que outra ouvella. E nese rebaño, nos non!

martes, 10 de agosto de 2010

Seguimos, pensando xa no outono!













Nen nas dependencias de cociña nen nas de lavandería, lencería, mantemento, imos baixa-la guarda ou desistir da loita.
Non nos reciben, non. Máis na rúa seguiremos alzando a nosa voz até ser escoitados e escoitadas.
Non imos ficar calados, non imos marchar para casa, sen máis.
A loita continúa!


sábado, 7 de agosto de 2010

CC.OO e UGT

Hai uns meses criticaban á CIG e aos seus membros pola liña sindical que vimos mantendo. Agardamos pacientemente a que nos critiquen agora por nos non asinar unha paz social co PP coma eles veñen agora de face-lo.
A noticia saleu nos medios de comunicación nestes dias e até sairon na foto ó lado de Feijoó con caras de verdadeiro orgasmo.
A xente que non diga tan alegremente que tódolos sindicatos somos iguais. Para sindicatos UGT e CC.OO.
Van despedir 1.200 traballadores e traballadoras entre os que nos atopamos, e van xunta os culpábeis e asinan acordos para amosar que todos e todas estamos de maravilla.
Iso sí, a xunta cos traballadores e traballadoras afectados non se vai celebrar, non vaia ser que lles estropeemos a foto.
Tomade nota e seguir sen ve-las diferencias entre uns e outros.
Serve para entender porque non queremos ir conestes no primeiro de maio. Cos amigos de Feijoó nin a por tabaco.

lunes, 2 de agosto de 2010

Cerdedo ou Santiago?

O vindeiro dia 5 de agosto as forzas policiais van ter un dilema. Estaremos en Cerdedo, ou estaremos en Santiago. Nunha inauguración? Non sería a primeira vez que imos! Ou nunha xuntanza coa responsábel ou irresponsábel de Recursos Humans? Tamen temos estado nalgunha xuntanza!
Que tristura nos vai quedar se van a un sitio pola nosa culpa e acontece que nos imos ó outro. A solución que vaian ós dous. A fin de contas eles van cos gastos pagos, e nos pagando do noso peto e contando xa cos 600 euros que nos agardan despois do acontecido en Vigo.
Unha pista, para Cerdedo hai de estar alí ás 18:15 horas.

domingo, 1 de agosto de 2010

Nos paises capitalistas.


Da igual o pais, "bananero", "democrático", "terceiro mundo", "primeiro mundo",... Esta é a nosa realidade!
E diran que o manifestante lles agredeu.
Chamarase Juan Carlos? Garrido?