EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 31 de enero de 2010

Nin un paso atrás!

Non podemos tolerar a perda de tan só un posto de traballo, e estes falan de 1500 postos, coas súas respectivas familias. Isto xunto cunha eliminación por fases da sanidade pública. Un dereito pagado cos esforzos de xeracións e xeracións de homes e mulleres, clase traballadora, para malvender a catro empresas que non buscan senon enriquecerse a moi corto espacio de tempo. Tanto ten que sexa a medio prazo un sistema ruinoso. Eles xa terán recaudado o roubado, e a outra cousa. A buscar novo espacio para esquilmar. Son reiterativos na súas mañas, máis non podemos ficar calados. Xa é tempo de dicer que a sanidade é de todos e todas. Pública, gratuita, de calidade, ... , valores que nada teñen que ver coa inversión privada e o capital. Difunde esta vía de comunicaión e expresa a tua opinión. Animo compañeiros e compañeiras e a librar unha nova batalla. Para eso estamos.