EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

jueves, 12 de agosto de 2010

Sentenza: Culpábeis!

Hai hoxe 35 anos morría, asasinado pola policía, o galego Moncho reboiras noia.
Hoxe a súa traxectoria e a súa loita teñen total vixencia.
No mesmo dia cae nas nosas mans unha sentencia contra dous compañeiros polo grave delito de terse manifestado contra dun modelo sanitario que priva ós máis necesitados o seu aceso.
A gravidade da sentencia é de tal calibre que o que dí a policía son feitos probados, manda carallo, e o que di a verdade non se ten en conta.
Ata tal ponto que cando un policía te poña diante dunha xuiz dará igual que lle digas o que che pete. Vas a estar a peito descuberto, tanto que foses ou non autor dos feitos que se denuncien.
Cada vez que te manifestes terás de levar na idea que eres culpábel. logo xa che dirán de que.
Evidentemente nascimos culpábeis, vivimos culpábeis, e morreremos moi orgullosos de ternos comportado sempre coma culpábeis. A inocencia é patrimonio dos corruptos e dalgunha que outra ouvella. E nese rebaño, nos non!

No hay comentarios:

Publicar un comentario