EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 29 de agosto de 2010

De volta!

Tras un breve paréntesis voltamos á dinámica do dia a dia.
Non pasaron demasiadas cousas neste mes, aínda que si algunha, incluso graciosa. para aquelas e aqueles que se perden en buscar culpábeis, que si PP ou si PSOE. o tempo está a darnos a razón. Son a mesma merda, falando en prata.
a política privatizadora está a lapidar sectores básicos e fundamentais dun modelo social de bienestar. até hoxe uns decían que era o PP quen apostaba por isto.
Agora o PSOE enchese dicindo que non é malo o modelo de financiación privada para estradas e infraestructuras. Blanco enchese de peito cando di tal afirmación. Na práctica identica a da creación dos hospitais privados. Trinidad Jimenez falou xa do tema do COPAGO, e tamén chea comenta que esta opción a teñen enriba da mesa.
Aos pobriños que aínda ven diferencia entre PP e PSOE que desperten. Son as dúas caras dunha mesma moeda.
A nos quedanos o combate e a loita até o final. Que alomenos non lles saia gratis cargarse un modelo de sanidade moito millor e máis xusto que o que queren implantar.
De novo por aquí, prometendo un setembro moito máis animado.
Benvidos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario