EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

jueves, 4 de marzo de 2010

Asemblea de delegados e delegas de CIG-Quimicas

O Luns 8 de marzo vaise celebrar unha asemblea de delegados e delegadas para convocar ós traballadores a mobilizarse o mércores dia 10 de marzo. Celebrase o dia da clase traballdora galega, en homenaxe ós asasinados en FERROL, no ano 72 pola policía da época. (Hai cousas que non mudan) Amador e Daniel morrían para sementar o que hoxe é o sindicalismo nacionalista, o combativo.
Nesta asemblea falarán da situación tan adversa que está a viver a clase traballadora galega. E nos dan espacio para chamar á mobilización contra da privatización da sanidade. Non queremos perdernos en cifras, e pola contra ir ás realidades. Chamalos a mobilizarse por un dereito pagado co esforzo de todos e todas.
Hoxe o Secretario Xeral da Cig, así coma o compañeiro da Executiva Nacional, Francisco Miranda, nos animaban e nos recoñecían que estabamos a desenrolar un traballo sindical de moi boa calidade. Evidentemente todo é millrábel, máis cando menos estamos na liña correcta. Isto hai que extendelo a todos e todas, porque eiquí traballa e mobilizase todo o persoal.
Meteremos algunhas fotografías.
Tamén queremos adicarlle un saúdo moi forte ós parados do metal, que estan acampando no edificio da Xunta nunhas condicións difíciles. A eles moito ánimo. En breve tamén iremos onde eles e amosaremos en imaxes a súa loita. E tempo de difundir coma esta a viver a clase traballadora neste tempos tan duros. Pensamos firmemente que só hai un camiño, e por él imos dia a dia. Venceremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario