EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 6 de abril de 2010

Información sobor da manifestación en Ferrol.

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ferrol ten convocada para o vindeiro 11 de abril unha gran manifestación comarcal con saída ás 12 horas Centro de saúde Fontenla Maristany para amosar o rexeitamento ás políticas sanitarias actuais que merman e privatizan a sanidade pública con todo o que iso conleva.
A Comisión de Centro do CHUVI vai por autobuses gratuitos para acudir á manfestación do domingo 11 de abril ás 12h.
Data límite para anotarse o venres 9 de abril en calquer sindicato que forma parte da Comisión de Centro.
Aproveitamos a ocasión para agradecerlle ó persoal de Ferrol pola súa activa participación nas manifestacións que se celebraron en Vigo en defensa da sanidade pública e contra a privatización do novo hospital de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario