EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 13 de abril de 2010

Máis información!

Nas asembleas celebradas onte nos diferentes hospitais do CHUVI acordaronse tódolos pasos a seguir, e valoraronse moi positivas as mobilizacións levadas a cabo moi recentemente. Agás unha intervención, que sempre hai quen non está nunca satisfeita, as valoracións foron moi positivas.
As vindeiras datas de interés son as seguintes:
O venres 16 de abril haberá unha nova manifestación en pontevedra. En defensa da sanidade pública. Van se por autobuses, porque seguro que Vigo vai aportar bastante presenza e colorido na manifestación. Alí estaremos, salvo que teñamos quenda de tarde.
O mércores 21 estaremos ás 20:00 horas na concentración e manifestación de apoio ás traballadoras do Hospital da Cruz Vermella. Elas son un exemplodeloita e contarán con todo o noso apoio. Dende hoxe xa estamos mandando chamadas á mobilización ás empresas onde temos xente solidaria e comprometida. Os mesmos que sempre veñen ás nosas mobilizacións.
O venres 23 teremos unha charla na COVA DOS RATOS, en Vigo. O tema é a defensa da Sanidade Pública. Tamén ás 20:00 horas.
O domingo 25, grande data para mín, estaremos na manifestación que a CIG convoca en Compostela. En defensa dos Servizos Públicos.
Coma podemos ver hai dinámica de traballo e así temos de continuar até a victoria final. Non sería xusto dicer que estamos traballando mal, aínda que sempre haberá quen diga que se pode facer máis, ... Compre estar en todas e cada unha das mobilizacións, sen tregua, e con moito ánimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario