EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 11 de abril de 2010

Ferrolterra, bravo!

Hoxe tocaballe a Ferrol manifestarse dende as doce do mediodia polas rúas da vila e alí estiveron 10.000 bravos e bravas berrando alto e forte De frente, sen tregua, Sanidade Publica Galega.
Hoxe voltou quedar ben claro que nos temos forza para pelexar ate vencer. Feijoó e Farjas teñen claro a estas alturas que se meteron nunha charca, da que xa é inevitábel sair sen se enmerdar. Agora non hai lugar para privatizar nada. Nin esternalizar, nen financiar con fondos empresarias,... A linguaxe é moi variopinta na boca dos gobernantes, máis o que non imos tolerar e que nos arrebaten un dereito de todos e de todas coma é a sanidade.
Mañan, luns 12 toca asemblea no Hospital Xeral, ás once, e ás 14.00 no Hospital do Meixoeiro. Haberá máis mobilizacións, con ou sen policía. iso xa non vai depender de nos.
O venres toca manifestación en Pontevedra. e alí voltaremos estar. Unha e outra, até vencer.
Porque máis cedo que tarde sairemos airosos desta batalla que vai para tres meses,... e o que o PP queira ata caer da burra. Ou das geivotas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario