EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 28 de abril de 2010

1º de Maio!







Coma tódolos anos o 1º de maio é un dia de reivindicación obreira. E coma tódolos anos haberá un grande abano de manifestacións das diferentes organizacións sindicais. Dende hai anos a CIG ten superado o debate de si ir nunha manifestación conxunta ou se polo contrario ir en solitario.



Os tempos deronnos a razón ós que non queremos compartir ese dia unha realidade virtual que logo no dia a dia son puñaladas traperas.



Sobran mil exemplos para amosar cal son estas patadas diarias as que vimos recibindo. Cando nos centros de traballo apostamos pola unidade sindical esta só nos serve para que nos adormezan ou eliminen a nosa capacidade combativa. Falta o primeiro caso onde UGT e CC.OO nos sigan ou apoien o máis mínimo.



Imos por un exemplo:



Cando viña Feijoó a Vigo ó Hotel LOS ESCUDOS votaron en contra de facer o máis mínimo. Quedamos en minoría e asumimos a súa postura. Fomos coas afectadas da CRUZ VERMELLA, máis non coma as da DEFENSA DA SANIDADE.



Cando a xente nos perguntou demos explicacións.



Cando viña Feijoó a Vigo a INAUGURAR RUAS votaron a favor, máis traballaron ás nosas costas para que non fora ninguén, e non foron. Fomos unha vez máis, e traicionados polos de sempre.



Alguén segue a pedir unidade. A unidade ten de ser no dia a dia.



Que traballen dende o dous de maio para que dentro dun ano muden as circunstancias e teñamos de decir, Todos xuntos e xuntas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario