EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 20 de abril de 2010

Medios de comunicación!


Os medios de comunicación, os seus traballadores e traballadoras, sempre asisten ós eventos que imos facendo. Eles sempre recollen en imaxes o que certamente acontece. Outra cousa ben distinta é quen lles paga e para quen traballan, no seu silenciamento ou distorsionamento da realidade. Onde hai máis de 10.000 persoas eles logo sacan unha foto parcial. E o pasado venres había algunha onde non se vía dende o medio da mesma o final da manifestación. Ah, máis se fose para un tema que lles interesase a eles dirían que eran milleiros, e sí empregarían tal fotografía.

Nos non temos problema cos traballadores e traballadoras. Temo-los cos afíns do franquismo. Eses que teñen un pasado ben oscuro e sanguinario e falan de democracia e ereitos humáns. A manipulación informativa é unha artimaña, máis non é un exercicio de democracia.

Democracia é manifestarse pacíficamente coma vimos facendo dende hai xa uns meses, e sair a defender un ben común para unha sociedade que aposta clara e decididamente pola sanidade que tanto costou levantar, entre todos e todas, pública, galega e de calidade.

Vencer nesta loita é garantir ós sectores máis desfavorecidos unha sanidade, un dereito elemental nunha sociedade que camiñe cara unha xustiza social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario