EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

viernes, 23 de abril de 2010

Feijoó abucheado polos mortos que vai deixando ó seu pas.

Primeiro as traballadoras da Cruz Vermella, despois os afectados do porto seco de Salvaterra, e de seguido polos traballadores e traballadoras do CHUVI. Tivo que camiñar escoltado por un montón de policías. Uns poucos d uniforme e un montón de paisano. As pintas macarriles os delataban. Houbo refregas porque non deron controlando o son das rúas. Menos bonito, escoitou de todo. Eso sí, cunha cara de cemento e un sorriso de ... si poidera darte unhas ...
A fotografía non é seu forte. Non queren ser plasmados cando os increpan e lles din as verdades. Houbo de todo, ainda que nos medios diran que non houbo nada ou que todo foi ó revés. A violencia non sempre é algo a criticar. O é só cando ven dunha parte, a débil. Quen lles vai pedir contas a eles. Cecais algunha medalla por tanta valentía. Tremenda valentía ir en contra dos traballadores e traballadoras, do seu pobo. Máxime cando se fan porque non teñen a máis mínima capacidade para traballar.
Aquí unhas fotos da coraxe dos homes e mulleres que unha vez máis se manifestaron. Tamén manifestar o noso apoio ás traballadoras da Cruz Vermella e ós paisanos de Salvaterra. Para eles tamén tiveron algunha "dedicatoria" en modo de empurróns e golpes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario