EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 4 de abril de 2010

Coa Cruz Vermella, sempre!


Mañan as once horas da mañan teran unha asemblea traballadores/as e usuarios para ver que camiño de loita van continuar. Alí estaremos para humildemente amosarlles o noso apoio incondicional nunha loita que estan a levar de xeito fenomenal. Cada acción que levan a cabo está a ter moita repercusión dos medios tamén adversos para elas.

Un hospitaql máis que queren desmantelar para ir eliminando a estructura sanitraria pública coa que contaba Vigo e bisbarra. A resposta que lle queren dar ós cinco enfermos que aínda quedan no hospital é saca-los de medio e manda-los ben a centros costeados polos seus familiares, ou saca-los da cidade de Vigo.

Este é o panorama que nos agarda a todos e todas se non somos quen de para-la política fascista, de privatizar ou coma eles lle chaman, externalizar.

Dende aqui facemos un chamamento na percura de apoios a estas compañeiras, traballadoras da Cruz Vermella. Elas sempre estan nas nosas mobilizacións. Acudide!

No hay comentarios:

Publicar un comentario