EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

viernes, 12 de febrero de 2010

O socialismo é a solución!





Dirán que non eramos tantos, que nos estan a manipular; máis estamos a ser donos do noso camiño na loita por evitar 1.500 despedimentos. Na medida en que socializemos o problema teremos unha oportunidade de evita-lo. A suma das individualidades por sí non son garante de nada. Son, sen embargo, se implicamos á clase trabaladora, á sociedade. En definitiva se somos quen de socializar, e nestes termos é no único onde nos podemos desenvolver con certas garantías de estar na liña máis axeitada.
O asemblearismo é o millor garante de que todos e todas somos partícipes dun conflicto, e estaremos exercendo unha democracia real, participativa. Non hai outro camiño.
Demostrado queda que cando se dan oportunidades os traballadores e traballadoras somos quen de aportar ideas, mil persoas sempre van pensar millor que cen, e cen que unha.
Esta era coma a de Soriano, só que o amigo Soriano non saabía que enfrente non estaban os votantes do Pp ou a alergóloga de Madrid. De frente estaban persoas escoitando enganos e patrañas. Xente que sen tregua e sen descanso van tirar deste conflicto ata tumbar calqueira pedra que queiran por nunha sanidade privada á conta da nosa sanidade. Onte, hoxe, e sempre será pública, gratuita, e de calidade. DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS! que diría Castelao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario