EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 10 de febrero de 2010

Unha nova cita coa rúa!

Todo está preparado para a manifestación de mañan xoves ás once no Hospital do Meixueiro. Quedaremos coma xa é costume ás sete e media nas entradas do hospital. Temos de lle dar follas informativas a todas e cada unha das persoas que coma tódolos dias acceden ós seus postos de traballo.
Teñen que ver que estamos dispostos a todo, sen desfallecer, por defender algo tan noso coma é a sanidade pública. Non podemos perder nin un dereito máis.
Seguro que os compañeiros e compañeiras do Hospital Xeral voltarán subir, coma tamén ás do Hospital do Rebullón. Outro dos centros que queren pechar. E por certo, o noso apoio incondicional ás 70 persoas que traballan no Hospital da Cruz Vermella e que tamén queren deixar sen emprego.
Levaremos moitas forzas e moito ánimo. E a cámara para que nos vexamos guapos e guapas os que fomos ás manifestacións que para outros non existiron. Cecais sexamos espíritus, aínda que revolucionarios.

1 comentario:

  1. No podemos desfallecer y tenemos que luchar hasta el final.El esfuerzo de ahora tendrá su recompensa.Si os apetece pasaros por la pagina SANIDAD PÚBLICA EN GALICIA ¡¡ YA !!.Un saludo y mucho animo

    ResponderEliminar