EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 28 de febrero de 2010

De frente, sen tregua, sanidade Pública Galega!


O sindicalismo pactista hai tempo que entrou no xogo e no discurso do capitalismo, e fixo seu a idea de que xa non hai loita de clases. Falan do sindicalismo do século XXI: asinar reformas laborais que son despedimentos máis baratos, precariedade laboral. Reformas das condicións para percibir pensións, o paso dos 15 ós 35 anos de cotizacións, a creación das empresas de traballo temporal (ETT), tema das mutuas,... Estas centrais sindicais sabemos todos e todas cales son, non fai falla dicer máis.
Hoxe nos xornais FARO DE VIGO, e LA VOZ DE GALICIA, contrarrestan a nosa capacidade de difundilo problema laboral e sanitario.
Dous elementos diferentes do PP falan da maravillosa sanidade privada. Xogan a dicer que non hai tal. Que tampouco hai problema laboral. (1.500 postos perdidos) non son noticiábel para eles. Máxime cando un deles dí descaradamente que non lle toquen ós médicos, que senon... O resto importalle a eles ben pouco, ou nada. Lavandería, Mantemento, Cociña,... A pergunta é: Hai ou non loita de clases?
Afortunadamente hai médicos de esquerda, combativos, e moi de admirar.
Sen ir máis lonxe un destes homes máis combativos é o Doutor Moreira, aínda que para todos e todas é o entrañabel Manolo. Amigo, compañeiro,... Camarada de loita!
Máis temos de valorar coma moi positivo que teñan de ir ós medios de comunicación do PP éstas marionetillas da Farjas e do Feijoó a combatirnos. Ata hai oito días nin eramos noticia, nin tan sequer anécdota. Hoxe somos un ruxe-ruxe na cidade de Vigo e bisbarra. Hoxe o dereito da sanidade pública volta a estar en boca da cidadanía, coma un clamor popular.
Coma nota salientábel falan do mesmo que nós. Do modelo de sanidade privada de Madrid, de Valencia, ou mesmamente das Illas Baleares. (Sabiamos ou non do que nos estabamos a tratar e combatir?) Eles o ven coma un negocio, un enriquecemento. Nós coma un roubo de algo que é noso e que está costeado cos impostos e cotizacións dos obreiros, desempregados, e pensionistas.
A metodoloxía está a ser clara e manifestamente axeitada. Sindicalismo de combate diario, directo, e frontal. Porque contra a privatización só hai un lema a berrar:
De frente, Sen tregua, Sanidade Pública Galega!

Ate a victoria sempre!
Venceremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario