EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 8 de febrero de 2010

Pretenden busca-lo apoio do elemento do concello de Vigo

A comisión de servizo vai hoxe, xunto co colectivo de traballadores e traballadoras a unha concentración diante do concello de Vigo. Alí pretenden que o alcalde se molle nesta problemática.
Algúns son de memoria fráxil. Esquécense de que éstes e os seus socios de goberno tamen privatizaron servizos. As piscinas, a recollida do lixo, por citar algúns.
Ben é certo, que coa cara dura que ten, é quen de sair abandeirando a loita contra calqueira privatización. Ten pra iso e pra máis.
Agardemos por medidas moito máis serias e contundentes, porque senon... mal imos.
Compre buscar alternativas que veñan dos propios homes e mulleres afectados. Hoxe ás dúas da tarde os traballadores e traballadoras da cociña van ter unha asemblea para debatir e para se organizar. Os traballadores son quen de aportar ideas, e accións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario