EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

viernes, 5 de febrero de 2010

Hotel Los Escudos. Noite de Venres.

Hoxe tocou-lle a mobilización ás compañeiras da Cruz Vermella, e a máis catro traballadoras da cociña do Xeral para darlle a "Benvida" ó señor privatizador por excelencia.
Outro episodio máis na desfeita do sistema sanitario público. Pedra a pedra ata rematar co edificio por completo. Non queren nada que non sexa negocio privado, porque para iso estan eles na política.
O xerente do Xeral-Cies hoxe entrou sen problema no Hotel Los Escudos, máis non intentou convencernos de que ó despedirnos nos estaba a facer un grande favor. Pobre Soriano, non o entendemos. Máis iso sí, a campaña de contrainformación funciona. Hoxe os seus medios de comunicación o puñan de víctima. Unha señora de Madrid dixo que nunca vira tal, e que estaba moi apenada polo visto e por ter deixados mangados ós pacientes que tiñan cita. Ausencia do seu posto de traballo para ir a escoitar a Soriano. Outros temos de falar cos traballadores e coas traballadoras no tempo de descanso ou fóra da xornada laboral. Evidentemente nós non estamos na onda de Madrid. Aínda somos a periferia! Máis que non se esqueza esta española de tan boa familia, imos vender moi cara a nosa perda de posto de traballo. O que para a española é tan bó, para os galegos e galegas é unha bosta. Se non o entende que pida un traductor simultaneo. (Lo que se dejan atrás las vacas cuando defecan; en español cervantino)
Afortunadamente esta elementa veu que o traballador e traballadora galega non son o que intencionadamente se decía. Somos xente con capacidade de traballo, cando hai. E cando non o hai ou pode non habe-lo, con capacidade de loita. Moitos séculos de duro traballo e sacrificio forxaron un carácter, unha identidade. Por iso dicimos con orgullo, somos Galegos e Galegas. Somos quen de "intimidar" ós Sorianos de turno, e alergólogas. Faltaría máis!

1 comentario:

  1. Hai que lamentar que aqueles e aquelas que din representar ós traballadores e traballadoras entenden que non era "interesante" manifestarse contra o artífice desta desfeita. Ve-se ás claras que non son das categorías afectadas polos despidos. Chegará tempo de pedir contas. A CIG foi o único sindicato que estivo presente. O mesmo que cando a señora Farjas presentaba na delegación provincial do Sergas esta privatización. Que falen logo de que estiveron cos traballadores e traballadoras. Haberá, aínda así, quen lles vote.

    ResponderEliminar