EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 1 de febrero de 2010

Hai que arma-la!

Non hai loita gañada endexamais coa desidia ou a pasividade. A loita é o único camiño, e agora non quedan espacios para a contemplación. E tempo de acudir, de berrar alto e forte: Non a perda dun só posto de traballo. Nin o primeiro.
A sanidade non pode ser tratada coma un valor empresarial. A sanidade, a educación, a administracións, teñen que ser públicas e de calidade.
E que ninguén se esqueza, estan pagadas cos gastos de todos e todas, e non con puco sacrificio. A sanidade, a educación, as administracións, deben estar en mans de todos e non de catro mangantes, amigos e amigas do pepero de turno.
Aqueles que nalgún momento da súa vida tiveron que ter contacto coas mutuas, que conten cal son as suas experiencias. Precariedade total de servizos, criterios médicos supeditados a intereses económicos, ..., e é que para iso foron concebidas.
Hai de camiñar cara mobilizacións contundentes. Hai de sair á rúa. Saca-lo conflicto das catro paredes dos hospitais. Leva-lo ás fábricas, ás escolas, a todolos rincóns imaxinábeis. Falar con todo aquel que queira colaborar, e suma-lo á causa. Non é que cabemos todos, é que precisamos de todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario