EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 8 de febrero de 2010

Martes 9 de febreiro, nova manifestación.

As once da mañán temos unha nova cita diante da entrada principal do Hospital Xeral. Unha nova mobilización contra da privatización, e un novo silenciamento dos medios de comunicación. Seguro!
Debemos acostumarnos e esta actitude "democrática" dos amigos de Feijoó, Farjas, Soriano, e satélites. Non é a primeira vez que iso acontece, nen vai se-la última. En mente temos ós compañeiros do metal, onde os medios xogaron a criminaliza-los. E a nos tratan de poñernos tamén coma salvaxes. Non nos colle de sorpresa, non.
Tentamos para elo medios de comunicación alternativos, aínde que tamén tentan erradica-los. O Soriano deu orde de arrancar tódolos papeis que sexan contrarios ós seus postulados. ISO SI E DEMOCRACIA, PARTICIPATIVA! Afortunadamente somos tantos e tantas a poñe-los que non da a saca-los. Por riba, as xentes máis calmadas, agora tamén se suman a por carteis. O efecto contrario do que pretende Soriano.
O que tes de facer agora, Soriano, é amputar brazos, ou queimar impresoras, ou... asumir que non estás actuando correctamente.
As mentiras teñen unhas patas moi cortas, e xa está corrido polos presentes á asemblea que tiveches unha íntervención longa e cansina, sen interrupcións; e que foi a alergóloga de Madrid, a que tivo saídas de pata de banco. Provocando e incitando precisamente ós que segundo ela non temos dereitos laborais. O persoal non sanitario.
Nos non abandonamos o posto de traballo, nen deixamos tirados ós pacientes. Que pregunte canto tempo levaban aguardando pola cita, e cando van ter outra. Iso si é merecedor de reprobación. Pero coma tampouco son persoal sanitario non terán dereitos. Que non faría esta na sanidade privada. Da medo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario