EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 24 de febrero de 2010

24 de febreiro, folga e manifestación!

Hoxe mércores estase a levar unha folga de 24 horas nos hospitais de Vigo (CHUVI). A medida de paro esta a ser unha más no conxunto dun calendario de mobilizacións, que nos vai levar a unha grande e multitudinaria manifestación. Hoxe toca paralos hospitais para que teña esa repercusión que os medios tratan de amortiguar co seu silenciamento. Coma noutros conflictos obreiros, a dereita e os seus medios traballan todos na mesma direción. Nós, os traballadores e traballadoras estamos a face-lo mesmo, deixando a un lado pequenas diferencias. Toca facer sindicalismo de altura, e a iso estamos nestes momentos. Os resultados, afortunadamente, ahí están.
As cámaras dos medios estiveron onte presentes na manifestación, e non foi un casual. Estiveron porque a cidadanía xa sabe que algo pasa, coma no seu dia acontecera co tema do Prestige. Non pasaba nada segundo os medios, máis os monos brancos de traballo en claro contraste coa marea negra do chapapote rachou e de que xeito co aillamento informativo.
Compre salientar, que pese a que moitos e moitas somos da época anterior ó ciberespacio, Internet, estamos a ter moitisimas entradas nos diferentes foros creados con moi poucos medios e con moita precariedade. O grande éxito é que todos e todas temos canles de información, de organización, ..., en definitiva de loita.
Hoxe temos ás 20:00 horas unha nova cita coa rúa. Unha manifestación! Alí estaremos unha vez máis, e estaremos acompañados por traballadores e traballadoras doutras fábricas de Vigo e O Porriño. Son usuarios dun sistema sanitario público que tamén é seu. E non queren agora que ninguén nolo venda para montar un negocio privado para catro caciques.
Ademáis estarán os medios. Diran que eramos a cuarta parte dos que realmente sexamos. A incidencia da folga hoxe vai ser nos medios de comunicación anecdótica, ... contamos xa coa manipulación. O verdadeiramente importante é que a realidade está a ser ben diferente, e coma pasou noutros conflictos, se somos quen de gañar teremos demostrado que a clase traballadora unida ten un poder real que está por riba destes elementos hoxe tan adversos.
Podemos, e coa tua forza, seguro que vencemos!

2 comentarios:

  1. que se sepa que en el servicio de lavanderia en el turno de mañana solo acudieron a sus puestos de trabajo los minimos estipulados,por parte de las trabajadoras, por parte de las encargadas una decepcion, que justifico su presencia diciendo que el sergas no iba a quedarse con sus cuartos como si solo a esta persona le doliera la cartera, en fin de todo tiene que haber...... mi alegria porque en el servicio de lavanderia las trabajadoras hemos sabido estar a la altura de las circuntancias.

    ResponderEliminar
  2. Pensade nunha cousa que pra mín é o máis importante: que pode facer unha encargada ou unha xefa sen as traballadoras? sinselamente duas cousas: esquirolaxe é unha, e a outra agardar por quen produze. Sen máis comentarios. Coa vosa actitude estades a dignifica-lo voso traballo. E non hai outro camiño. Venceremos!

    ResponderEliminar