EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 3 de febrero de 2010

Temos de ser máis de 50.000 na Manifestación!

Entre as accións, concentracións, e ideas a levar a cabo temos a de facer un manifestación. Nela, os traballadores e traballadoras de Vigo e a súa bisbarra teñen que estar presentes e dun xeito moi activo. Para elo temos de percorrer tódalas fábricas, centros comerciais, escolas, ..., na chamada a mobilización.
Este xoves nunha asemblea de delegados e delegadas da CIG imos facer xa o primeiro dos chamamentos. Dende eiquí manifestar tamen a nosa solidariedade coas traballadoras de conservas Alfageme que estan a atravesar por momentos moi duros e complicados. O mesmo que os desempregados que estan nas bolsas de contratación do Naval. Un forte abrazo a todos e cada un dos homes e mulleres que estan a pasar por estes tempos tan adversos para a clase traballadora. Mais cedo que tarde imos troca-la situación. Con forza e vontade, podemos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario