EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 3 de febrero de 2010

Os medios de comunicación!

Os medios de comunicación apenas sacan a noticia de que os traballadores e traballadoras do Xeral-Cies saíron onte ás once da mañan a manifestar que non van tolerar a privatización, nin a perda de empregos. Tratan de agochar a problemática porque é contra dos que lle manteñen os seus negocios de "información". Eu diría, en moitas ocasións, desinformación. No diario "O XORNAL" cifran a asistencia en duas mil persoas. Tamén falan da asemblea e da fuxida de Francisco Soriano alegando que non lle deixaron falar. A realidade foi outra, e a súa compostura definiuno. Non hai lugar para as diferencias. Será que coma aquel que dicía "a rúa é miña!" pensa que o CHUVI é seu? Onte comprobou que seu non eran máis que o tres satelites que tiña. Dous no estrado, e un terceiro agochado a catro metros cunha bata branca.
Afortunadamente estanse abrindo máis foros en internet, e iso é o millor xeito de informar e de ter un vínculo directo coa problemática que agora temos entre mans. Entre todos e todas imos gañar esta guerra: tanto no laboral, coma no social, ou mesmamente no informativo. Imos combatilos en tódolos frentes que nos abran, e imos tapar tódalas vias de auga que nos tenten abrir. Todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario