EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

lunes, 8 de febrero de 2010

NON SON NUMEROS, NIN ESTADISTICAS


Para aqueles que queren facerse coa sanidade pública para vende-la entre catro amigos e enriquecerse decirlles que os afectados e afectadas son persoas que co seu esforzo diario manteñen familias.
Persoas, e non números. Compañeiras, e non mercancía.
Non agardan nada de ningún político, porque éstes nunca nada lles deron. O contrario, queren quitarlles o único que teñen: a súa grande capacidade de traballo.
Poderíamos contar a situación de cada compañeiro e compañeira, máis en cada un estan reflexados todos e todas. Socializamo-lo problema, porque a sanidade tamén é social. Un dereito de todos!
O 24 de febreiro, na manifestación, a loita é pola defensa dos postos de traballo; máis tamén a loita pola sanidade pública, gratuita, de calidade. A que entre todos e todas construimos dia a dia, coas nosas aportacións nas cotizacións; e co noso cariño ó traballo desempeñado.
Posted by Picasa

1 comentario:

  1. Que non decaiga o sentido do humor, compañeira. Que para cando isto remate que os cachondeos e risas sexan aínda máis intensos. Dille a Mateo que sae moi serio na foto. Unha aperta moi forte, compañeiros.

    ResponderEliminar