EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 2 de febrero de 2010

Ese é o camiño!

Arredor de mil persoas sairon hoxe á rúa para reivindicar unha sanidade pública, e o que iso implica: non perder un só emprego. Os traballadores e traballadoras do Hospital Xeral saíron a berrar alto e claro que non queremos unha sanidade privada. Que non queremos empresas privadas saqueando o patrimonio da pública.
Todolos colectivos estiveron presentes e moi activos. A clase traballadora sabe cal é o xeito, e non lle sobran razóns cando din que a rúa ten que ser un clamor popular.
Vimos coma un colectivo pequeno, dentro do conxunto do hospital, facía carteis, pancartas, piruletas, ..., un traballo de poucos que luciu e de que xeito. Parabéns para estes compañeiros e compañeiras que deron mostra de unidade e gañas de dar batalla. Cecais isto sexa o que acontece en tódolos colectivos do hospital, e ogallá así sexa.
Lamentamos moi amargamente coma algún xefecillo de lavandería do Meixueiro impedía asistir ás traballadoras. Unha magoa que non teñan mira de alturas. Cando sexan privatizados, onde carallo vai estar este mediocre?
O simpático da xornada o puxo o xerente do hospital, que non tivo millor ocurrencia que facer unha asemblea. Alí fomos, e o coitado pensou que iase encontrar un congreso do PP, ou unha tropa de idiotas. Pois nin o primeiro nin o segundo: un asemblea a reventar de xentes moi encabronadas que tiñan frente a frente ó ... que os quere por na puta calle! E todo porque queren facer negocio malvendendo unha sanidade que é de todos e de todas.
Sairon por patas, literal, cando viron que o ambente era bastante contrario ó que desexarían atopar.
Fuxiron coma ratas, aínda que logo de escoitar coma lles chamaban cobardes, miserabeis. Coma lles pedían que deran a cara e non se agocharan. Que triste imaxe a que deron. Magoa que iso non vai sair nos seus medios de comunicación. Sairá en foros coma este, de entradas reducidas, en páxinas das diferentes centrais sindicais, e pouco máis.
Ben é certo tamén que con concentracións e algunha manifestación que outra non vai ser dabondo. Hai que pensar que o PP sabe que ten de aguantar un ou dous meses, e logo de asinado, finiquitada a sanidade pública. Así de sinselo.
Hai de marcar liñas de actuación cada vez máis intensas, e ata o final. Unha batalla gañada non é suficiente para gañar unha guerra. Hai de seguir facéndose escoitar e tirar con máis forza se cabe. Hai que afastar discursos pesimistas, trocalos por un sinselo: Sí, se pode! E é que certamente se pode. A historia social está chea destes exemplos. E nos podemos e imos ser un máis. Unha aperta e ánimo camaradas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario