EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 3 de febrero de 2010

Concentración ás 11:00 horas no Meixueiro

Coma na concentración de onte no Hospital Xeral, todos e todas temos que estar moi presentes. Acudide!
Temos de subir coa uniformidade, para que vexan que non imos decaer no noso empeño de tumbar a máis mínima idea de privatizar. Imos darlle apoio incondicional ós compañeiros e compañeiras deste centro de traballo, porque tamén tivemos a súa colaboración e presenza na manifestación de onte. Moitos e moitas compañeiras estiveron connosco.
Veremos in situ se somos a forza suficiente para facer unha grande manifestación.
Agora que amosamos cal é o sendero debemos frecuenta-lo. Este é o que nos vai levar a parar calqueira vento de privatización. Agardando pola túa presenza, unha aperta compañeiro/a.

No hay comentarios:

Publicar un comentario