EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

viernes, 19 de febrero de 2010

Unha foto moi concreta.

Cando vin os barcos ó fondo, remolcadores, veu-me a cabeza aquelos malos tempos da reconversión do sector naval, onde casualmente tamén os privatizaron. Mandaron ó paro a milleiros de traballadores para por o secor naval en man de catro piratas. Casualmente, amigos do alleo e do PP. Mirade en que situación estan agora. Empresas auxiliares, accidentes laborais de seguido, horas e horas de xornada laboral diaria,... E algo semellante o que queren facer agora co sistema sanitario público que temos.
A fotografía ben reflexa o noso pasado e o noso presente. Cal vai se-lo noso futuro.
Paradóxicamente na foto estábamos vestidos para un enterro, máis ó fondo estabamos a ve-los cadaleitos que outros xa deixaron en Vigo. E seremos quen de decir que xa abonda? Eu penso que sí, que imos martillear constantemente ata derrubar o edificio privatizador que estan a levantar en todo o estado. Máis na Galiza, Non.
Coa forza de todos e todas imos vencer. Non teremos medo a que nos queiran criminalizar coma fan agora cos compañeiros do naval. Non hai máis crime que un traballador ou traballadora sen emprego. Non hai máis crime que non ter de lle dar que comer ós fillos. E esta guerra que nos non iniciamos ten de ser a morte, parafraseando ó Che!

No hay comentarios:

Publicar un comentario