EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

viernes, 19 de febrero de 2010

A rúa ten de ser nosa, e vai ser!


Hoxe asistin a un traballo ó máis puro estilo militar. Uns compañeiros foron quen de ter clasificados tódolos panfletos que a partires do luns van encher tódalas zoas de Vigo e bisbarra. En grupos de tres, cun responsábel por grupo, repartironse tódalas zoas. Unha experiencia merecedora de ser salientada. Ata a élaboración do propio panfleto. Viva o poder obreiro cando non é manipulado nin tutelado por ninguén alleo á nosa clase.
Tamén foi de mencionar unha compañeira, do colectivo de celadores/as que veu coa maravillosa idea de dar a coñecer a idea do envío masivo dos correos e sms en masa. Voltaremos ó pas e difundeo doutras campañas e movidas. Dende aquí convidarvos a face-lo. E moito o que temos en xogo, máis tamén temos a capacidade precisa para combatir os ventos de privatización.
Te-la certeza que todo este esforzo non vai ser en vano. Podemos e imos gaña-la batalla. Coraxe é o que se nos pide e coraxe é o que lles imos dar.
En Portugal os comunistas berra: Somos moitos, moitos mil, para continuar Abril. En clara mención á revolución dos craveis en que derrocaron ó fascismo de Salazar. Na Galiza temos de berrar que tamén somos moitos e moitas os que imos acabar con esta canallada tan vil.
A túa entrega e o teu esforzo estan a ser primordiais nesta loita. Continuade! Ate a victoria sempre! Unha aperta a todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario