EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 19 de septiembre de 2010

Voltamos á movida!

O martes voltaremos ás movidas e as manifestacións. As 11:00 horas dende a entrada principal do Hospital Xeral sairemos polo entorno para nos mobilizar contra da privatización da sanidade. Algo que xa está a ser un feito. Durante dous meses estivo cerrado o hospital Cies, e o Xeral desviando enfermos a centros privados. Algo que se está a converter xa nunha dinámica usual e constante durante tódolos meses de ano e non só en período estival.
Estamos a coller moi boa nota do tema, porque xa é visíbel até por aqueles e aquelas que pensaban que todo ía quedar en nada así, sen máis.
Para iso fai falla moita máis madeira na fogueira, e non temos nen tan sequera pequenas brasas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario