EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

sábado, 11 de septiembre de 2010

Afundindo un barco

Durante o transcurso dos últimos meses vimos comprobando no noso centro de traballo, a cociña do hospital xeral, coma se desmante-la unha cociña.
A avaría nunha máquina pode ser e é consecuencia do uso continuado das mesmas. Podemos falar da politica inexistente de mantemento, máis iso acontece en tantas partes que non podemos dicer nada.
Cando a unha màquina lle segue unha segunda, e unha terceira, ..., e así até cinco de uso imprescindíbel a cousa colle cando menos outra imaxe ben diferente. E hai un dito que dí: " As cousas acostuman a ser o que parecen" Aquí chegou-se a ter que mercar parte das elaboracións fora da nosa cociña, e a pregunta é: Foi pola circunstancia puntual, ou foi unha proba para rematar xa coa cociña?
Nas empresas cando pechan hai dous factores que van case sempre parellos. Unha é o drama de perder a túa fonte de ingresos, de vida. E parello, a falta e información, a incertidume.
Nesa situación estamos aqueles e aquelas que non temos máis datos que os que vimos estas últimas semans. O desmantelamento dunha cociña, onde por primeira vez houbo de traer elaboracións feitas do exterior.
Alguns sindicatos pensan que aínda non é tempo de negociar nada de recolocación da plantilla, máis outros pensamos que cecais sexa xa demasiado tarde. O tempo da e quita razóns sempre,... veremos!
Para o vindeiro martes, 21 de setembro, haberá unha nova mobilización. E se a xunta de persoal non traballa dende xa vai ser de asistencia minima ou nula. Tempo ó tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario