EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 6 de junio de 2010

Asemblea do centro cívico de Teis

Onte sábado ás 18:30 horas participamos dunha asemblea de traballadores e traballadoras do Hospital Xeral e do Hospital do Meixoeiro. Perto de corenta persoas estivemos intercambiando ideas de xeito tranquilo, e o millor de todo, de xeito constructivo.
Tanto que acordaronse cousas, algunhas certamente interesantes.
Para non quitar protagonismo ás compañeiras que levaron a iniciativa, deixaremos que sexan elas as que as vaian facendo públicas.
Hoxe traballamos, na cociña do Xeral, e fomos perguntados polo contido da mesma e pola nosa opinión en particular. E aquí quero comenta-la:
A valentía das compañeiras que acordaron face-la asemnblea tiveron unha idea estupenda.
Polo que a min respeita contan con todo o meu apoio, e o meu respeto. Total e sen condicións.
Poden dinamizar e darlle un novo pulo ó conflicto, e así o agardamos e o desxamos.
Hai de apostar firmemente por elas.
Toca construir e tirar todos e todas na mesma dirección. Non é momento de lle por tachas a obra, e si aportar traballo á mesma. Fronte a privatización, loita frontal en defensa da sanidade publica.

1 comentario:

  1. Moitas grazas!! Que ben sentan os folgos,non quero decir con isto que as críticas estean mal pero sempre estan ahí,e os folgos non sempre.Eu tamén penso que foi moi positivo (aínda que eu ausenteime un bo rato)e perdín un pouco o fío,pero ahí estivo Sonia có fixo moi ben.
    O tema da comunicación parece que vai ben encamiñado e iso xa fai mais forte a unión,agora somentes queda seguir traballando!!!Non á privatización!!

    ResponderEliminar