Onte tivemola oportunidade de participar nunha palestra na cova dos ratos. Convidados para explica-la nosa visión da política do PP no tocante á privatización da sanidade pública. Contamos coa presenza de Manolo Moreira, quen nos deu unha clase maxistral. Dados e plantexamentos do máis acertados, e cun carácter pedagóxico que nos tivo a todos e todas moi concentrados na súa exposición. Aínda que tamen estabamos na palestra fisemos o máis intelixente que era aproveitala súa presenza e non falar agás do tema dende unha perspectiva obreira.
Dende aqui queremos darllelas grazas por ternos convidado e a tódolos asistentes á mesma. Xente coñecida e xente nova, a que ten que lle dar continuidade ás loitas de toda índole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario