EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 31 de octubre de 2010

O alcalde de Oleiros, camarada Gelo, en presenza de Neira Vilas, na inauguración dunha escultura en homenaxe ó heroico revolucionario Che Guevara.
As fotos da estatuta. O pe da cal estamos cos camaradas Carlos e Mario, hoxe no proxecto da COG. (Central Obreira Galega)


O fillo de Ernesto Che Guevara, estivo presente, na inauguración da escultura, hai xa dous anos.


Tareixa Navaza, un icono de loita nos medios de comunicación. Cando traian os restos de Castelao, ela relataba a brutal agresión ós manifestantes por medio dos "grises".
En presenza de Neira Vilas, un simbolo da nosa literatura, e coñecido admirador da revolución cubana, presentaba ó alcalde Gelo, quen tantas críticas levou por levantar a estatua de Guevara.


viernes, 29 de octubre de 2010

Marcelino Camacho


Descansa en paz, desde ayer, Marcelino Camacho. A sus 92 años y tras una larga enfermedad muere un sindicalista español, con una trayectoria a respetar. Varias veces entró en las cárceles del estado español, por luchar contra el franquismo.

Fue secretario general de CC.OO.

Aún cuando hoy es una aberración llamarlos tan siquiera sindicato, tienen un pasado de lucha.

Algunos de sus ejemplos no lo son tanto para los que hoy forman esa central.

Para los trabajadores sin embargo algunos si lo son y así lo hacemos público, más alla de las diferencias tambien ideológicas; pero siempre desde nuestro respeto.

jueves, 28 de octubre de 2010

Na vindeira seman!

Para o martes dia 2 ás 11:00 horas hai convocada unha nova manifestación que partirá dende o Hospital Xeral.
O mércores dia 3 tamén ás 11:00 horas hai unha asemblea de traballadores e traballadoras no salón de actos do Hospital Xeral.

Traballando até o final!







miércoles, 27 de octubre de 2010

7.000 berros de esperanza!




Aqueles que un dia tentaron silenzar o noso conflicto non sacando absolutamente nada nos medios de comunicación atoparonse con que un colectivos de afectados e afectadas por unha brutal privatización se organizaron e sairon do aillamento informativo.


Inicialmente unha cociña e unha lavandería foi quen de despertar a unha xunta de persoal apática e nada acostumada a pisa-las rúas.


Os traballadores e traballadoras destes colectivos, foron quen de ir sumando a tódolos demais para facer unha masa que dinamizara, que fisera que os medios non tiveran máis opción que facerse eco.


Meses despois, coa axuda de todos e todas, sindicatos e outros colectivos, remataron nunha inmensa manifestación da cidadanía de Vigo e bisbarra. 60.000 persoas tomaron as rúas cun único berro. Non á privatización!


Nesta seman o goberno do PP vai facer xa publico que empresas se van quedar co negocio de privatizar estes e outros servizos, e cabalgar cara unha sanidade privada.


Sería interesante que alguén decidira xa, dunha vez, crear mesas de negociación para abordar o futuro de 1.500 persoas que a fin veñen a ser 1.500 familias.


Os afectados e afectadas así o esperan.

lunes, 25 de octubre de 2010

Derechos humanos! Libertad!




Estas son las consecuencias que sufre una persona en Miami por defender el modelo cubano con un blog. La democracia y la defensa de los derechos humanos en los EE.UU estan reflejados en el rostro de este bloguero.


Para aquellos que tragan sin condición todo lo que leen y oyen de los yanquis, aquí pequeñas muestras de sus huellas...


Animo camarada Varela!


En cada palabra tuya había mucha humanidad, solidaridad, cariño, hacia la isla.


La que ahora recibes de todos los revolucionarios y revolucionarias de todos los rincones del mundo.




Viva el internacionalismo proletario!


Viva la revolución cubana!


Patria o Muerte!

domingo, 24 de octubre de 2010

A folga de fame remata!

Tra-lo compromiso do ministro de Industria a reunirse coa CIG, Confederación Intersindical Galega, os dous compañeiros FERNANDO BRANCO e ALBERTO AMADO, deixaron a folga de fame. Parabens, camaradas!
A magoa é que nos non temos aberta nin tan siquera mesas de negociación.
O que serve e da resultados en tódalas federacións non serve na nosa.

Pintadas no ambulatorio de A Dobrada!

O pasado venres amanecía este ambulatorio con pintadas aludindo ó tema da privatización da sanidade.
Dende aquí felicitarnos pola acción, porque hai de retomar camiños, abandonados por outros. Na loita pola defensa do noso modelo sanitario, e dos 1.500 postos de traballo, mil pintadas máis para chegar alí onde faga falla para evita-lo. Venceremos!

Mari Carmen Cuesta


Nesta seman morría a compañeira Mari Carmen Cuesta, quen estivo até o último instante no penal coas trece mozas que sería asesinadas polo franquismo. Pasarían a ser coñecidas coma as trece rosas. Nesta seman en diferentes xornais saía a noticia, máis hoxe no xornal Publico salía a súa fotografía.

Dende aquí unha pequena homenaxe publicando a súa foto e lembrando a súa loita de tantos e tantos anos rememorando ás víctimas do franquismo.

viernes, 22 de octubre de 2010

Animo ós compañeiros no seu séptimo dia de folga de fame!


Porque este é o camiño! Non hai outro.
Hai homes que loitan un dia e son bos.
Hai homes que loitan un ano e son millores.
Hai os que loitan moitos anos e son moi bos.
Pero hai os que loitan toda a vida; esos son os imprescindíbeis!
As loitas que se perden son as que non se escomenzan, as que se abandonan. Nin un paso atrás na vosa loita!
Non o decreto do carbón!
Non a traizón do PSOE, mal que lles pese a quen non queren que os critiquemos. Son tan de dereitas coma o PP. Tan culpábeis uns coma outros!


Como colocar unha pancarta! E sinse-lo!

Dende a resultante final, paso a paso cara atrás. Podedes intenta-lo! Non é moi complicado.

Trinta e seis metros de tela, un lema e catro persoas.

Unhas cordas, porque o vento azouta e moito dende a pranta 16.



E xa tedes algo sinselo do que poder sentirvos orgullosos e orgullosas. Animo! Agora tocavos a vos! Nos xa temos feito unhas poucas.










Aquí se facían ben as cousas, ata que "alguns" acordaron deixa-lo para setembro. As vacacións primaban!

Non perdamo-lo sentido do humor


Autocrítica!

Estamos diante dunha verba que non coñece a "compañeira" que tanto se nos ofende polas críticas verquidas a CIG-SAUDE.
O comportamento no Hospital Xeral é un desastre.
Algo que vimos denunciando dende hai xa demasiados meses.
En xuño deu-se por finiquitado un conflicto, deixando de lado a 1.500 traballadores.
Di publicamente o que dis en privado, porque según tú o CHE ten unha conducta que tí practicas asiduamente.
Maioría da CIG. Non será por tí! No teu departamento agás unha traballadora é maioría aplastante CC.OO. Tes unha afiliada. A excepción que confirma a regra!
Na cociña coñecemos unhas poucas compañeiras que se deron de baixa pola túa laboura, tan revolucionaria. Unhas poucas. Nomearte é xerar úlceras entre a xente. Elas te teñen medo, expricanos o motivo.
Pero todos e todas debemos ser do PP.
A nos non deron un carguito para silenciarnos, ...

jueves, 21 de octubre de 2010

Irmandade obreira, sempre!

Aquela que se ofende polas criticas verquidas en canto ó modelo que potencia dentro do Xeral decirlle que hai xeitos ben diferentes de traballar e de facer sindicalismo.
Por mencionar algún os compañeiros de Endesa e da executiva nacional de CIG-Químicas estan nunha folga de fame pola defensa de tantos postos de traballo coma os que se van perder aquí. (Casualmente)
Os exemplos dentro da CIG abondan, afortunadamente. o problema radica en que na federación de saúde os mimbres non dan para máis.
Valen para levar e traer... para pouco máis!
Por citar e por demostrar que se poden facer cousas, sería interesante que se lles mandase un telégrama de apoio e de orgullo de ser da CIG ós compañeiros FERNANDO BRANCO, e ALBERTO AMADO agora que estan en plena folga de fame. E o mínimo que se merecen, aínda que coma sempre aquí pasando.

miércoles, 20 de octubre de 2010

martes, 12 de octubre de 2010

No eido da política!

A xunta de persoal pretende xogar cos traballadores e as traballadoras no terreo político, ou millor dito, no partidista.
Dende hai tempo a súa ilusión é quitar do goberno ó PP para que volte un goberno PSOE-BNG.
Acontece que o PSOE ven de escarallar por completo ás condicións de traballo de tódolos sectores e colectivos. A entrada das ETT(s) nas administracións. Os despidos a doce dias máis oito subvencionados polo Estado, e demais reformas que estan a caer.
O xogo de CC.OO e de UGT está claro de máis. O lamentábel queda agora ó ver á CIG que non mudou na súa extratexia. Gobernar parceliñas, sexa con quen sexa? Non, gracias! Co meu voto non!
A defensa dos 1.500 postos de traballo fanse dende o sindicalismo, dende a confrontación,..., dende a loita obreira!
Xogar cos traballadores e traballadoras nos levan a onde estan agora os sindicatos. A nula credibilidade.
Estará todo o mundo enganado nesas percepcións?
Cecais unha abstención masiva levara a algúns a replantexarse cousas, erros,... Ogallá! Polo ben do movemento obreiro e da clase traballadora, que é a que sempre acaba pagando os pratos rotos duns e dos outros.

viernes, 8 de octubre de 2010

Unha bandeira, unha enseña: simbolo de loita cidadá!


Durante moito tempo e en non poucas asembleas os traballadores e as traballadoras demandaron unha enseña, bandeira, coma símbolo da nosa loita. Coma antes así os fiseran coñecidos ós compoñentes de Nunca mais.
A resposta verbal foi sempre que sí, que era unha moi boa idea, que se ía asumir a proposta.
Nove meses despois a criatura aínda non naceu, e non hai indicios que iso aconteza.
A voz dos traballadores e das traballadoras caeu sempre no mesmo saco, no roto.
Algo semellante aconteceu coa idea de implicar ó mundo da cultura, no mesmo saco.
Pendurar unha pancarta coma cando outros fisemos á de apoio a folga do metal, no mesmo saco.
Co tempo os votos dos traballadores e das traballadoras poderán caer tamén nese saco, deberan!

Así tivemos o apoio da xente!







No es una broma. En serio!

El próximo dia 15 la Xunta de Galicia dirá que UTE de empresas se queda con el negoción de privatizar la Sanidad. Una realidad que se plasmará definitivamente el próximo 15 de octubre.
Pero no debemos tener miedo que un mes y seis dias después podemos ser partícipes de una gran manifestación ciudadana en Santiago. No es broma, aunque lo parece. Es serio! para hacerselo ver!
Gostaríame pensar que alguén votou en contra, e non polo resultado ou a estética; senon para creer que nesa xunta de persoal hai alguén con cabeza.
Por certo, estamos tódolos días no posto de traballo e isto é o que pensan a inmensa maioría dos traballadores e as traballadoras. Non é problema de blog ou de mensaxeiro; que tanto ten.
Saberíades o que pensan se traballarades ou cando menos pateaseis os centros.

jueves, 7 de octubre de 2010

Mobilización de hoxe, en Beade!


Idiomas

Debido a que tenemos muchas entradas en el blog de todos los rincones tanto del estado español, como de Europa, América,..., incluso Vietnam, escribiremos algunos de los comentarios en español.
Viva el internacionalismo proletario!
Porque en cada lucha obrera, por pequeña que sea, estamos todos los trabajadores y las trabajadoras. Venceremos!

Martes, 5 de outubro


miércoles, 6 de octubre de 2010

Onte, dia 5.

Onte, dia 5 de outubro, houbo unha concentración coma se viña facendo hai seis meses. A asistencia á mesma, polo que comentan os que alí foron era pobre de máis.
Haberá quen diga, dos sindicatos, que a xente non responde, que está apática, ..., ou sabe deus que.
A mesma hora a cafetería estabá coma tódolos dias, e con moita xente das que si asistía hai seis meses ás manifestacións.
A ilusión es as gañas de pelexar polos postos de traballo convertironse para moitos e moitas en rabia por estar a seren utilizados con fins alleos ó temalaboral; ou mesmamente sindical.
Non pasa desapercibido que a apatía destes elementos deixaron-na a un lado para traballar arreo pola folga xeral do pasado mes. Ahí si lles iba a eles a vida.
Terán medo a que eliminen a tantos liberados e liberadas de traballar, para face-los voltar ó curro?
Houbo a triste imaxe de suprimir unha manifestación para un martes ás once da mañán, e collelos a todos e todas na cafetería á mesma hora tomando café. A iso no meu pobo se lle chama descaro, burla, ...
Mañan haberá outra en Beade, e tampouco iremos. E iso que temo-lo dia libre.
Dan por perdido os 1.500 postos de traballo, e queren xogar cara a galería, pensando en marzo.
Co meu tempo non van xogar! En marzo, tampouco!

lunes, 4 de octubre de 2010

Con responsabilidade, até o final!

Que poderíamos pensar dalguén que chegada unha adversidade opta por ficar parado e calado?
Afortunadamente hai aínda xente que diante desta situación afronta a adversidade cun mínimo de coraxe e valentía; con dignidade.
Hai quen acostuma a tomar decisións pola inmensa maioría e a move-los coma se monecos; máis as veces hai persoas con criterio, acertado ou errado, máis con criterio.
Esta mensaxe, que ben parece encriptada, vai dirixida a alguén a quen lle molesta todo o que non vaia na súa liña. Cecais sexamos renglóns torcidos ou mesmamente borróns; máis coa ilusión de escribir historias tan fermosas que fagan desmerecer tanta uniformidade e tanto pensamento único.
O intento ben merece e niso estvemos, estamos, e estaremos. Sempre!
P.D. Guevara é un icono e non pola estética. E pola súa actitude e o seu comportamento. Polo método.

sábado, 2 de octubre de 2010


Que facer?

Certamente pouco hai de facer logo de trer sementada tanta apatía entre os traballadores e as traballadoras.
Tamen somos culpábeis os traballadores e as traballadoras de ter votado no seu dia por estes representantes. Unha tropa que hai decadas que non pisan o seu posto de traballo. Que non dan sinais de vida, máis que cando teñen algo no que a eles lles vai a vida. Seguir nos órganos de representación, liberacións, etc.
Loitar contra esa maraña é moi complicado, cando a xente o que tamén vai buscando é un pretexto para abandonar, sen ofrecer respostas alternativas.
A dia de hoxe non sabemos cal pode se-la resposta, máis teremos de nos organizar e artellar ideas novidosas fronte ás ideas de sempre.

Martes, 5 de outubro!


Con nos que non conten para participar da próxima concentración. A que terá lugar o vindeiro martes dia 5 de outubro.

Despois de tanto tempo un só ten que perguntarse, cal é o motivo da aparición de todos estes?Teran de cubri-lo expedente, seguro. Deixar constancia de que eles algo fixeron antes de que despediran a 1.500 traballadores. Que pelexaron até o final.Agora nos veñen tamen cunha manifestación para novembro, en Compostela.A idea é muda-lo governo. Quitar ó PP e por ó PSOE (o do despedimento baratito, ETT(s) nas administracións, alongamento da idade de xubilación, etc...etc.) E o de ter ó BNG de cómplice destas políticas. Lembrar que en Galiza precisaron e precisan deles para tocar moqueta.
Evidentemente os traballadores e as traballadoras da sanidade non se deberan deixar enganar.Non hai opcións políticas reais que defendan os nosos intereses. E esa é a nosa triste realidade.